ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2023-24
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-24
Familias, o prazo para solicitar praza no CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro abranguerá dende o 1 ó 20 de marzo de 2023, ámbolos dous incluídos.
As solicitudes van dirixidas para as familias do alumnado novo que desexa estudar E.Infantil ou Educación Primaria no noso centro durante o vindeiro curso.
Nos arquivos adxuntos que acompañan a esta publicación atoparedes os seguintes documentos:
1-Información xeral sobre o procedemento para solicitar admisión presentando a documentación no CEIP.
2-Información para presentar a solicitude de admisión e a documentción que se necesita para o procedemento na sede electrónica da Xunta de Galicia (online).
3-Modelo de solicitude de admisión.
4-Normativa de referencia sobre o procedemento publicada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
5-Información sobre a Normativa de referencia e os prazos do procedemento de admisión 2023-24 (en arquivos JPG e PDF).
6-Documento coas vacantes do CEIP para o curso 2023-24 por etapa e nivel.
7-Impreso de formalización de matrícula (para entregar na última fase fo procedemento).
Crecente, 2 de marzo de 2023
A dirección