O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIO
A NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentarioO 14 de xaneiro chegaba unha nova carta na que se nos pedía que investigásemos sobre as diferentes profesións relacionadas co mar. Puxémonos mans á obra e investigamos tanto na casa como no cole e recompilamos moitas fotos e información.
Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita de tres expertas: Adelina (avoa de Olivia e Paula), Lorena (nai de Izan) e Silvia (nai de Olivia e Paula) viñeron a compartir con nós o seu coñecemento e experiencia nos seus traballos. Adelina, que foi redeira, trouxo as súas ferramentas e explicounos como se utilizan. Quedamos abraiados ao ver como con paciencia e destreza, as redeiras poden tecer os fíos para formar as redes que logo son empregadas polos pescadores. Pola súa parte, Silvia e Lorena, contáronnos en que consiste o duro traballo das mariscadoras e amosáronnos os seus aparellos e traxes de auga.
E velaquí a presentación que fixeron as nenas e nenos de 3º e 4º EP sobre os oficios do mar coa súa profe Lorena.
Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |