OS OFICIOS DO MAR

O 14 de xaneiro chegaba unha nova carta na que se nos pedía que investigásemos sobre as diferentes profesións relacionadas co mar.

Puxémonos mans á obra e investigamos tanto na casa como no cole e recompilamos moitas fotos e información. 

 

 

 

Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita de tres expertas: Adelina (avoa de Olivia e Paula), Lorena (nai de Izan) e Silvia (nai de Olivia e Paula) viñeron a compartir con nós o seu coñecemento e experiencia nos seus traballos.

Adelina, que foi redeira, trouxo as súas ferramentas e explicounos como se utilizan. Quedamos abraiados ao ver como con paciencia e destreza, as redeiras poden tecer os fíos para formar as redes que logo son empregadas polos pescadores.

Pola súa parte, Silvia e Lorena, contáronnos en que consiste o duro traballo das mariscadoras e amosáronnos os seus aparellos e traxes de auga.
 
 
 
E velaquí a presentación que fixeron as nenas e nenos de 3º e 4º EP sobre os oficios do mar coa súa profe Lorena.
 
 
 
 
 
AdxuntoTamaño
Mariscadoras e redeira 1355.36 KB
Mariscadoras e redeira 2384.47 KB
Lorena32.4 KB
Silvia37.61 KB
CARTA OFICIOS DO MAR.pdf716.51 KB
PRESENTACIÓN OFICIOS.pdf19.35 MB
1716036640282.jpg46.34 KB
1716036730376.jpg33.1 KB
1716036730424.jpg41.5 KB
1716036730451.jpg35.42 KB
1716036730502.jpg35.51 KB
1716036730557.jpg32.92 KB
1716036730399.jpg45.15 KB