Onte fomos a poñer o noso graniño de area e colaborar coa Asociación de Veciños para plantar árbores autóctonas nos Montes de Chá. Ademais disfrutamos da natureza, vimos unha mámoa e compartimos momentos xuntos.
Este curso temos un recuncho de reciclaxe no cole onde podemos atopar materiais de refugallo moi diversos que empregamos para realizar actividades.
Desta forma intentamos cumplir cas 4R: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar.
Esta semana aproveitamos o bo tempo e fomos ao invernadoiro a plantar pementos do Couto.
A semana pasada os máis pequenos do cole foron ao invernadoiro a recoller as espinacas. Agora queda preparar unha rica receita con elas.
O venres aproveitando o bo tempo decidimos ir plantar ao invernadoiro as espinacas que mercamos. Agora queda coidalas para que medren e poder recollelas.