Iniciar sesión: Acceso

SEGUIMOS COAS PROPOSTAS DE NADAL

Ola familias!!!

Esta semana foi moi curta, pero deu para moito.

Comezamos coas trasnadas que fixo o elfo. Cando chegamos á aula o luns o noso elfo metérase nun rolo de papel hixiénico moi de nadal e o esparcira por toda a clase. 

E o martes estaba vendo unha película comendo palomitas!!!

Tamén continuamos abrindo o noso calendario de advento e resolvendo o pequeno reto que atopamos en cada saquiño.

Unha das propostas foi desfrutar do minimundo de Nadal: un pobo con neve, casiñas, árbores, trineo e ata un boneco de neve.

E con árbores seguimos porque como proposta artística tivemos que decorar unha árbore de Nadal con pompóns e pedriñas de cores. Somos uns artistas!!! Os maiores, á hora de recoller, fixérono clasificando todo por cores de forma espontánea.

E como actividade de lóxicamatemática tivemos que poñer tantas galletas nun bote como nos indicaba o dado (reforzando a subitización) ou o número.

O domingo 3 de decembro celebrouse o Día das persoas con discapacidade e nós contamos este conto onde a súa protagonista, Álex, nos presenta aos seus compañeiros/as coas súas características, entre os cales estaba un que necesita unha cadeira de rodas, outro que emprega a lingua de signos para comunicarse ou outra que necesita un bastón porque non ve moi ben.

Ademais houbo unha sesión de creatividade preparando adornos de Nadal empregando materiais de refugallo como cds ou cartón.

Ata lle demos de comer a Papá Noel, ó seu reno e a un dos seus elfos unha sopa de Nadal moi rica, pero cantas culleres lle damos? Pois as que no indica o dado, traballando desta forma o conteo, sen esquecer a coordinación óculo-manual nos trasvases.

E como non, cado recollemos temos que barrer o que caeu ao chan, actividades propias da vida práctica.

Unha das propostas foi de lectoescritura e para iso os maiores tiveron que ver que había nunha bóla, escribir o seu nome e debuxalo. 

Os máis peques traballaron vocabulario destas datas formando o nome con letras, avanzando na conciencia fonolóxica.

E seguimos coa coordinación óculo- manual, a pinza e a concentración ao decorar unha árbore ou bóla de Nadal con pompóns na mesa de luz empregando as pinzas.

Para traballar o esquema corporal debuxamos a un elfo, respectando o ritmo de cada un/unha.

E tamén rematamos a actividade de outono que tiñamos pendente porque necesitábamos que secara. Nesta ocasión realizamos diferentes grafismos creativos que nos axudan na lectoescritura (direccionalidade de trazos).

E rematamos xogando ao bingo. Que concentrados estivemos para ver se tiñamos os elementos mencionados.

Boa ponte!! Vémonos o luns!!