Skip to Content

Dinamización Galego

Eu quero ser

O centro está a participar nunha actividade ("Eu quero ser ...") cos usuarios/as do centro de día, na cal o alumnado pensa que quere ser de maior e plasmao nunha libreta  que lles entregamos e que van "estudar" a fondo.

Álbum: Curso 23/24 -> Eu quero ser

CONCERTO

Hoxe xúntamonos para celebrar a Festa das Nosas Letras que este ano está adicada a Luisa Villalta

Celebrámolo contando coa presenza de Cé Orquestra Pantasma. Pasámolo moi ben!!

CONCERTO

Letras Galegas 2022

Álbum: Curso 21/22 -> Letras Galegas 22

Contacontos ilustrado

O alumnado de 5º EP tivo este pasado martes un obradoiro de ilustración sobre a vida e obra de Maruja Mallo desenvolvido pola empresa Polo Correo do Vento.

Álbum: Curso 21/22 -> Polo correo do vento

Recitado conxunto

 

 

 

Telexornal científicas galegas

Seguimos compartindo traballos arredor de mulleres que nos axudan a coñecer e poñer en valor o seu marabilloso traballo!!

Desfrutade con este fantástico telexornal do alumnado de segundo de primaria!!

https://drive.google.com/file/d/1H6Ks5eJTGs-LcwdxxOEa7JXpYabI98JD/view?usp=drivesdk

 

 

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro !!

#RosaliadeCastro

#TeusDocesCantares

 

 

 
 
 A miudanza das clases de 3 e 5 anos tamén quixeron coñecer a esta nosa ilustre escritora e aquí está o resultado do seu marabilloso traballo!! (arquivos adxuntos)

Día Internacional da Lingua Materna

Día da muller e a nena na Ciencia

Que se nos vén á cabeza cando nos falan de ciencia?? Que persoas imaxinamos traballando nela?? Si... Probablemente unha porcentaxe moi alta teñamos o mesmo tipo de imaxes na cabeza e... Aquí estamos para desmontar esa idea equivocada coñecendo científicas e agardando que sirvan de modelo para as nosas nenas neste Día Internacional da muller e a nena na ciencia!

Grazas á aula de 6°A e a de 4° B polo fantástico traballo.

Calendarios

Neste curso no que cambiamos moitas rutinas, imos ter tamén un calendario especial pero igual de marabilloso! Vai ser en rede e con el imos aprender unha chea de cousas sobre doce mulleres escritoras que ben seguro nos teñen axudado (e seguirano facendo) a pasar preciosos momentos gozando coas súas obras!
 
Para ir abrindo boca deixámosvos a portada que fixeron as nenas e nenos de tres anos!
Calendarios
Distribuir contido


by Dr. Radut