Skip to Content

Ed. Infantil

Festa da auga

A pasada semana o alumnado de E. Infantil desfrutou da súa festa da auga. Pasárono xenial!

Álbum: Curso 23/24 -> Festa da auga

Xornadas de portas abertas

Mañá venres, celebramos a Xornada de Portas Abertas para o alumnado que no curso 2023/24 se incorporará ao noso centro en 4º de E. Infantil. E o noso alumnado quixo ensinarlles o que maís lles gusta do cole!!

 

 

San Paio de Narla

O mércores o alumnado de E. Infantil visitou o castelo de San Paio de Narla.

Álbum: Curso 18/19 -> San paio

Espectáculo de Maxia!!

Hoxe o alumnado de Ed. Infantil e os de 1° e 2° de Primaria puideron desfrutar dunha sesión de maxia a  a cargo do Mago David. Sorprendeunos e maravillounos!!

Álbum: Curso 18/19 -> Mago David

O monstruo de cores

Un pedacito das nosas obras...

SAIDA A MARCELLE

O XOVES, DÍA 6 DE XUÑO,  TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON UNHA XORNADA EN CONTACTO COA NATUREZA. FOI UN DÍA INOLVIDABLE NO QUE SE MESTUROU A APRENDIZAXE CO TEMPO DE LECER.

CONTAMOS CON MOI BON TEMPO, POIS NIN FIXO FRÍO NIN CALOR. OS NENOS XOGARON E DIVETÍRONSE VENDO OS DISTINTOS TIPOS DE ANIMAIS E ESCOITANDO AS EXPLICACIÓN DE CADANSEU MONITOR.

XA DE VOLTA PARA A CASA PARAMOS A MERENDAR E XOGAR OUTRO POUCO NO RECÉN ESTREADO PARQUE DE PACIOS NO CONCELLO DE BEGONTE.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Está planificada unha excursión o vindeiro día 6 de xuño a Marcelle en Outeiro de Rei. Iremos toda a educación infantil.

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

O DÍA 8 DE ABRIL DE 9:30 A 10:30 OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL VAN A DISFRUTAR DUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NA AULA DE MÚSICA.

PROGRAMA DE FROITA FRESCA NA ESCOLA

 A SEMANA DO 8 AO 12 DE ABRIL OS NENOS E AS NENAS DO NOSO COLEXIO NON TEÑEN QUE TRAER MERENDA PARA O RECREO, PORQUE DENTRO DO PROGRAMA DE "FROITA FRESCA" DA CONSELLERÍA XA SE LLES DA AQUÍ NA ESCOLA.

SEMANA DA PRENSA

 Nas clases de  4 anos do 11 ao 15 de marzo, traballaremos coa prensa. Recortaremos noticias e pegarémolas, buscaremos as letras  do noso nome en distintos xornais e recortarémolos para posteriormente pegalos en distintos sitios. Iremos á biblioteca do centro a ler distintos xornais e coñeceremos polo menos os que máis se empregan no noso entorno. Sen dúbida será unha maneira distinta de aprender......

Distribuir contido


by Dr. Radut