Hoxe tivemos a visita da patrulla canina do exército.
Nesta exhibición participaron un total de seis cans (Skull, Scapy, Delta, Ali, Bond e Loco) e os seus adestradores pertencentes aos equipos antidrogas, explosivos e defensa.
Todos forman parte da Cuarta Subinspección do Exército Noroeste.
Tamén nos acompañou o alumnado e profesorado do Ceip Santo Estevo de Parga.