Skip to Content

ACTIVIDADE DE LECTURA NO NADAL

ACTIVIDADE DE LECTURA PROGRAMADA POLO NADAL

"As historias que nós contan os nosos avós e avoas"

Nestes días en que vivimos e, dende que a TV ocupa a maior parte do noso tempo libre, os avós e avoas están un pouco esquecidos e, xa non contan tantos contos aos seus netos e netas, perdendo a tradición de contar historias, lendas, relatos....

Por iso o "Equipo de Biblioteca" do centro, quixemos rescatalos dos seus fogares nestas datas tan especiais para todos e principalmente para os seus netos e netas.

Na semana do 13 ao 17 de decembro os avós e avoas compartiron cos nenos  e nenas as historias da súa vida na biblioteca do centro. A esta actividade asistiron os alumnos e alumnas do  1º ciclo de Primaria e Educación Infantil.

Fotos dos avós e avoas:



blog | by Dr. Radut