POSTOS ESCOLARES OFERTADOS.
4º Inf |
5º Inf |
6º Inf |
1º Prim |
2º Prim |
3º Prim |
4º Prim |
5º Prim |
6º Prim |
44 + 6 NEAE* |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
*Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no artigo 3º.2 da Orde do 12 de marzo de 2013).
** fe de erratas: As dúas prazas de primaria corresponden a cuarto de primaria.
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA.
Presentación da solicitude de admisión |
1 ao 20 de marzo na aplicación/23 de marzo no centro |
Presentación listaxe provisional |
O 25 de marzo |
No caso de haber máis solicitudes que prazas: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo |
do 26 de marzo ao 8 de abril |
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas |
antes 25 de abril |
Reclamacións ás listaxes (5 días hábiles despois da publicación destas) |
Do 27 de abril ao 1 de maio |
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas |
antes do 15 de maio |
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria |
do 20 ao 30 de xuño |
PROCEDEMENTO PARA CUBRIR A SOLICITUDE
Pódese facer a través dun dos seguintes procedementos:
1.- Cubrindo e entregando no centro de primeira opción o impreso que está a súa disposición na citada aplicación ou na secretaría do centro.
2.-. A través da aplicación <admisionalumnado>
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Cubren o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito eso poden optar por:
- Cubrir e imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que queren matricular ao seu fillo ou filla en primeira opción.
- Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación.
CONSULTA DO ESTADO DAS SOLICITUDES
O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:
- A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
PUNTUACIÓN NO BAREMO
Se o número de solicitudes é superior ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios:
- Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro: 8 puntos polo primeira/o e 2 puntos por cada unha/un dos restantes
- Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro: 3 puntos
- Proximidade do centro ao domicilio familiar:
a) área de influencia 6 puntos
b) área limítrofe á área de influencia 3 puntos.
- Proximidade ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores:
a) área de influencia 4 puntos
b) área limítrofe á área de influencia 2 puntos.
- Renda anual per cápita da unidade familiar, respecto ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM):
a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.
-
Condición de familia numerosa: Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos e por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.
- Condición de familia monoparental: 2 puntos
- Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns:
a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.
- Criterio establecido por cada centro educativo (solicitar un centro público): 1 punto
Poden consultar toda a información descargando o arquivo adxunto.
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
RESUMO INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020-21.pdf | 44.32 KB |