Recursos didácticos

MAGOSTO (4 ANOS)

Polo magosto na aula de 4 anos, desfrutamos dunha rica merenda de castañas!

 

Ademais, fixemos uns cucuruchos de castañas (cos que traballamos o número 3).

 

 

E coas Castañas que nos trouxo a Castañera:

- Traballamos a recta númerica.

 

- As cantidades (colocando o número de castañas correspondente dependendo da cantidade que nos saía no dado e aprendendo a agardar a nosa quenda).

 

- As medidas (pesando castañas coa balanza).

 

- As formas xeométricas (formando as figuras que se indicaban nas tarxetas).

Xogamos co peón!. Aula de 3 anos.

Nesta primeira semana de novembro celebraremos no C.E.I.P Gándara-Sofán o Magosto e o día do Peón. Este é un ano diferente polos condicionamentos da pandemia, onde o Magosto se realizará en cada aula, sen contacto cos outros grupos, ao igual que os xogos co Peón. En 3 anos xa comezamos a familiarizarnos con este xoguete tradicional, e tivemos a sorte de poder ver un peón moi antigo que nos trouxo Martín!. Este peón é precioso e diferente!!.

 

Samaín, Baile e degustación. 3 anos.

Aquí vos deixo unhas images da celebración do Samaín na aula de 3 anos. Merenda especial con cabazas, pantasmas e baile!

ACTIVIDADES SAMAÍN (4 ANOS)

Polo Samaín seguindo o proxecto do corpo que estamos a realizar elaborarmos unhas pantasmas (coa silueta das nosas mans) no que indicamos as partes da cara (mans, ollos, boca).

 

Traballamos a grafomotricidade, utilizando como molde a silueta de diferentes pantasmas.

Xogamos ao xogo de Fantasmín, a nosa pantasma favorita, na PDI!

E construímos o castelo no que vive, con vasos (seguindo as indicacións das tarxetas), e tamén libremente coas pezas de construccións.

Traballamos a simetría recortando cun papel dobrado pola métade aos amigos de Fantasmín  (cabazas, mórcegos...).

DESFRUTANDO DO SAMAÍN (4 ANOS)

Na clase de catro anos, polo Samaín disfrazámonos e desfrutamos dunha merenda terrorífica (unhas pantasmas feitas con plátano e pepiñas de chocolate!

Samaín. 3 anos

Chegou o Samaín!! A noite do 31 de outubro ábrese unha porta entre o mundo dos vivos e dos mortos, para os antigos celtas era unha noite especial onde ademais celebran o remate do verán e o comezo do inverno. Durante esta noite deixaban comida e cabazas nas portas das casas e aquí xurde a tradición, que se mantén, das cabazas o día de Samaín.

Na aula de tres anos fixemos uns morcegos moi terroríficos!!, e tamén temos que felicitar a Daniela que foi a gañadora na nosa aula do concurso de fotografía "terrorífica" do Samaín. Parabens Daniela!!

AUTORETRATOS 3 ANOS

SOMOS UNS PEQUENOS ARTISTAS, E A MELLOR MANEIRA DE DEMOSTRALO É CUN AUTORETRATO MOI ARTÍSTICO!

NINJA E AS VOGAIS

A nosa mascota da clase, unha tartaruga que se chama Ninja, traenos de vez en cando materiais e actividades para traballar a lectoescritura. Nesta ocasión o material que nos trouxo era para traballar o trazo das vogais en minúsculas!

- TARXETAS DAS VOGAIS:

- LETRAS MONTESSORI:

- PIZARRAS:

- LETRAS PARA REPASAR:

Vos iremos informando de máis materiais e actividades que nos vaía propoñendo Ninja!

CONTO FROITAS (4 ANOS)

O conto que eliximos en 4 anos para conmemorar o Día das Bibliotecas 2020 foi Froitas de Kalandraka. Esperamos que desfrutedes da nosa versión!

Lectura de "Animais" - nenos e nenas de 5 anos

Os nenos e nenas de 6º de infantil eleximos o libro "Animais" para conmemorar o día das bibliotecas deste ano 2020.

Esperamos que vos guste :)

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design