Recursos didácticos

DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz en Educación Infantil fíxemos estas coloridas pombas, esperamos que vos gusten! 

Bo día da Paz e da non violencia!

ANIVERSARIOS (4 ANOS)

O 26 de Xaneiro Gael cumpliu 5 anos! Como non podía ser doutro xeito soprou a vela e sacou unha foto co seu curmán Marco. Moitos parabéns Gael!

APRENDEMOS LINGUA DE SIGNOS

O CENTRO SEGUE IMPLICADO NA APRENDIZAXE DA LINGUA DE SIGNOS. COA PROFE MIRIAM ESTAMOS APRENDENDO AS CORES E MOITO VOCABULARIO!

 

 

 

NADAL (4 ANOS)

Agora xa só faltan un par de días para que veña Papá Noel! Na aula das tartarugas (4 anos) estivemos contando os días para a súa chegada (anotándoos no noso calendario de advento). O Día 1 de decembro recibimos a visita dun Elfo moi especial (o que chamamos Picachu) que todas as noites viaxaba a xunto de Papá Noel para dicirlle que tal nos portabamos e cada día nos traía unha serie de probas que tiñamos que superar. (bailar o burrito sabanero, pensar unha adiviña...) e algúns xogos que empregamos en varias ocasións:

- Un puzle que consistía en unir a grafía do número coa cantidade correspondete (neste caso de elemendos do Nadal, bolas, renos...).

- Imaxes para facer series (por exemplo, árbore-regalo-árbore-regalo).

- Uns paos de madeira que tiñamos que ordear númericamente para que nos saíse unha imaxe navideña, como un calcetín ou un gorro de Papá Noel.

- Un dominó navideño

Aquí vos deixamos a mostra fotográfica xogando con eles:

ANIVERSARIO CLOE

ESTE LUNS 21 DE DECEMBRO ESTIVO DE ANIVERSARIO A MÁIS PEQUENIÑA DA AULA.

PARABENS CLOE, XA TEMOS 3 ANIÑOS!!

 

ACTUACIÓN DOS NENOS/AS DE INFANTIL NO "FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL 2020"

As nenas e nenos de educación infantil do CEIP Gándara-Sofán teñen o pracer de presentarvos a súa actuación "Tres reis en bicicleta", neste "Festival de Nadal virtual 2020".

Esperamos que vos guste :)

Decoración de Nadal (5 anos)

Aquí vos deixo algunhas das decoracións de Nadal que estiveron expostas nos corredores do colexio:

Tamén estivemos vendo unha actuación en directo e formamos parte do encontro con Mamá Cabra e o seu espectáculo "A fraga do meu avó".

Proxecto "Pimpón é un boneco, e eu? (5 anos)

Familias, como ben sabedes as aulas de infantil estivemos levando a cabo este proxecto, relacionado sobre todo co corpo humano e hixiene persoal.

Déixovos nesta publicación algunhas fotos de actividades que fixemos, as cales non foron plasmadas no caderno que levamos para casa pero coas que tamén traballamos moito.

Esperamos que vos guste :)

Medímonos e pesámonos:

Montamos puzles do corpo humano e lemos e escribimos como se chaman as súas partes:

Recunchos do primeiro trimestre (5 anos)

Aquí vos deixo algunhas fotiños de varios dos recunchos que levamos a cabo na aula ce 5 anos durante este primeiro trimestre. 

Por un lado introducímonos nas minúsculas co noso nome e apelidos:

E ademais perfeccionamos a nosa estructuración espacial con xogos de imitar o modelo, xogamos coa plastilina formando números e relacionamos cantidade de noces e regletas co seu número correspondente:

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design