Escolares
Na clase de 3 anos, estamos traballando o lobo.
Neste enlace podedes ver e escoitar o conto do que partimos para traballar este animal.
Premede para ver.
Deste vez foi Irene a que nos quixo ler un contiño!!
Asegúrovos que o fixo moi ben!!
Grazas Irene!!
Na clase de 5 anos estámonos adentrando na ciencia a través da Bioloxía. Eliximos o conto do elefante ELMER como punto de partida e de aí iremos adentrándonos no mundo dos animais en xeral e no dos elefantes en particular.
En primeiro lugar, para que tamén o poidades ver e traballar na casa, mostrámosvos un bo enlace (animalec.com) no que escoitar e ver o conto orixinal de ELMER. Premede no conto e escoitade...
Desta vez, e aprobeitando que a Helena lle encantan os gatos, leunos un conto que nos contaba unha historia dun ben simpático... Pareceunos moi entretido!!
Grazas Helena!
Seguimos cos murais das vogais, esta semana discriminamos auditivamente palabras que comezan pola vogal "o" e lembramos o seu trazo!
Tódalas mañans os nenos traen castañas a clase para que xoguemos coas tarxetas dos números a contar!! Encántalles este xogo e achegámonos ós números dun xeito lúdico!
Aproveitamos as rutinas para introducirnos en distintos xogos, como o da oca. Facémolo dun xeito sinxelo, contando as casillas atendendo ó número que sacamos no dado e cantando:
! De oca a oca e tiro porque me toca!
A NOSA COMPAÑEIRA SABELA TAMÉN QUIXO LERNOS UN CONTO NOS MOMENTOS DE DESCANSO DESPOIS DA MERENDA.
REMATOUNOS DE LER O CONTO DE PETER PAN!!
FÍXOO MOI BEN E GUSTOUNOS MOITO!!
GRACIAS SABELA!!
NESTE CURSO, ADEMAIS DE TRABALLAR OS NÚMEROS TANTO NO RECOÑECEMENTO COMO NA GRAFÍA DOS MESMOS, ESTAMOS COMEZANDO A SUMAR.
POR AGORA FACEMOS SUMAS SÓ ATA O NÚMERO 10 E, PARA AXUDARNOS A FACELO, RECORTAMOS UNHAS SILUETAS DE MANS E PEGÁMOLAS NAS MESAS DE TRABALLO DA CLASE. ESTAMOS EMPEZANDO A USALAS E GÚSTANOS, XA QUE ASÍ TEMOS AS MANS LIBRES PARA AGARRAR OS ÚTILES DE ESCRITURA!!
NA CLASE DAS ESTRESLAS TAMÉN SE PODE VER XA A PEGADA DO OUTONO...
NA PORTA DA CLASE FOMOS POUCO A POUCO PEGANDO UN ABECEDARIO DE COGOMELOS. EN CADA UN DOS TALOS DOS COGOMELOS FOMOS ESCRIBINDO E COLOREANDO TODAS E CADA UNHA DAS LETRAS DO ABECEDARIO!!
MIRADE QUE CHULO NOS QUEDOU!!!
NA CLASE DE 5 ANOS SEGUIMOS TRABALLANDO A LECTURA COMPARTIDA. DESTA VEZ FOI MARCOS O QUE NOS PERMITIU DESFRUTAR DO CONTO DOS "BOMBEIROS" QUE EL MESMO TROUXO DA CASA.
DÍXONOS QUE ERA O SEU LIBRO FAVORITO E... NÓTASE!!
A NÓS TAMÉN NOS ENCANTOU!!
GRACIAS MARCOS!!