Escolares
O TEMPO PASA TAN RÁPIDO QUE XA CHEGOU O MOMENTO DE CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO.
CUMPRIRON ANOS OS MAIORES DE EDUCACIÓN IFANTIL, MARTINA E LUISMA E FIXERON 6 ANOS!!
MIRADE ALGUNHAS FOTOS DESE DÍA!!
MOITAS FELICIDADES CHICOS!!
OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL, FOMOS CONVIDADOS RECENTEMENTE A DESFRUTAR DUNHA MARAVILLOSA SESIÓN DE TEATRO DE TÍTERES.
OS ACTORES FORON OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA AXUDADOS POLAS MESTRAS PILAR E MARÍA JOSÉ EIRIS QUE... SABENDO QUE TRABALLAMOS TODO O 1º TRIMESTRE CO TEMA DOS ELEFANTES QUIXERON CONTARNOS UN CONTO PROTAGONIZADO POR UN. O CONTO LEVA POR TÍTULO "UNA MONTAÑA PARA PANCHO".
PASÁMOLO TAN BEN QUE AGORA SOMOS NÓS OS QUE QUEREMOS ENSAIAR TAMÉN UNHA OBRA DE TÍTERES E ENSINARLLA A TODAS AS CLASES. AGÁRDANOS UN TRABALLO BEN DURO!!
XA VOS FOMOS DICINDO QUE ESTE TRIMESTRE IMOS TRABALLAR A ASTRONOMÍA EN EDUCACIÓN INFANTIL. NA CLASE DE 5ANOS, APROVEITANDO QUE É A CLASE DAS ESTRELAS, SON ESTES CORPOS CELESTES NOS QUE IMOS PROFUNDIZAR.
POLO DE AGORA ESTIVEMOS VENDO DIFERENTES VÍDEOS E CONTOS PARA EMPEZAR COA TOMA DE CONTACTO. COMO POR EXEMPLO ESTE DA SERIE DE DEBUXOS "ZAMBA":
PERO TAMÉN IMOS AVANZANDO NA ELABORACIÓN DO LIBRO SOBRE O PROXECTO DAS ESTRELAS.
Estamos a finais de xaneiro e xa logo vai facer un mes que Ninja xa non convive con nós na nosa aula.
Estivemos coidando dela máis dun ano con moito cariño e con moito traballo. Pero despois de averiguar todos os coidados que vai necesitar cando vaia medrando inda máis e o importante que é a tranquilidade e a compañía doutras amigas da mesma especie; decidimos entre todos/as que sería mellor que marcharse para un estanque cunhas mellores condicións.
Inda non é o momento axeitado de trasladala polas baixas temperaturas que soportamos, pero en breve veremos a través de fotografías como é a súa nova vida. Polo de agora inda está na casa da mestra agardando que medre un pouco máis e a calor nos acompañe.
De todos modos, non queremos deixar pasar a oportunidade de ensinarvos unha foto do día da despedida que tiñamos pendente de publicar. Ninja case non se ve, pero se vos fixades ben aí está nas mans da profe!!!
Xa comezamos co traballo do proxectos "O SOL" programado para este segundo trimestres. Para introducir ós nenos na temática partimos de videos educativos sobre o sistema solar e o sol. Tamén comezamos a facer o libro que vai a resumir todo o traballo do proxecto. Aquí vos deixo algunhas imaxes do noso traballo.
O ordenador na aula danos moito xogo para traballar con videos e cancións educativas!
Queridas familias ó longo do segundo trimestre as tres aulas de infantil imos traballar o sol, a lúa e as estrelas. A aula de tres anos centrará o seu traballo na lúa, a de catro no sol e a de cinco anos nas estrelas. Para introducir esta temática deixamos unha fermosa lenda africana que esperamos que disfrutedes!!. Premede na imaxe para ver o video!.
O SOL, A LÚA E AS ESTRELAS. LENDA AFRICANA.
OUTRA VEZ MÁIS, OS NENOS E NENAS DO GÁNDARA-SOFÁN, COA INESTIMABLE COLABORACIÓN DAS SÚAS FAMILIAS, FORON UN EXEMPLO DE AXUDA E COLABORACIÓN COS MÁIS DESFAVORECIDOS.
FORON MOITOS OS XOGUETES QUE TROUXESTES PARA QUE A NIGÚN OUTRO NENO/A LLE FALTE NESTAS DATAS; OS ALIMENTOS QUE XUNTAMOS FARÁN QUE MOITAS FAMILIAS POIDAN TER A ALIMENTACIÓN AXEITADA QUE A NINGUÉN LLE DEBE FALTAR; E COS MOITOS MATERIAIS PARA USO ESCOLAR, O COMEZO DO SEGUNDO TRIMESTRE PARA OUTROS MOITOS SERÁ DIFERENTE.
AQUÍ ESTAMOS NÓS, POSANDO PARA A FOTO BEN ORGULLOSOS/AS CON UNHA PEQUENA PARTE DAS CAIXAS QUE OS RESPONSABLES VIÑERON RECOLLER DÍAS ANTES DO REMATE DO 1º TRIMESTRE!!
ESTÁ A PUNTIÑO DE REMATAR O TRIMESTRE, PERO INDA NON NOS ESQUECEMOS DO NOSO PROXECTO DESTE TRIMESTRE; O ELEFANTE.
DESTA VEZ ESTIVEMOS SUMANDO FOLLIÑAS DE ÁRBORES, APROBEITANDO QUE ESTUDIAMOS A SÚA ALIMENTACIÓN E ESTE É UN DOS SEUS ALIMENTOS PREFERIDOS.
MIRADE UNHAS FOTOS DALGÚNS NENOS E NENAS SUMANDO.
Fixemos o mural da letra U. Buscamos imaxes que empezan pola letra "U" e escribimos as palabras entre todos.
Este mes de novembro estivemos a traballar aspectos da alimentación das baleas. Sabemos que podemos atopar dous tipos de baleas:
-Baleas con barbas, como a balea azul (Marina) que se alimenta de Kril e pequenos peixes e mosluscos. A través das barbas filtra a auga para tomar o alimento.
-Baleas con dentes como a Orca ou o cachalote. Estas baleas comen presas máis grandes como leóns mariños, focas, calamares xigantes ou peixes grandes.
Entre todos fixemos este mural.