Na clase de 5 anos estámonos adentrando na ciencia a través da Bioloxía. Eliximos o conto do elefante ELMER como punto de partida e de aí iremos adentrándonos no mundo dos animais en xeral e no dos elefantes en particular.
En primeiro lugar, para que tamén o poidades ver e traballar na casa, mostrámosvos un bo enlace (animalec.com) no que escoitar e ver o conto orixinal de ELMER. Premede no conto e escoitade...