Semana da froita 5ºA- Mércores comemos...

Máis grande que a mandarina.

Redonda coma unha bóla.

A min gústanme amargas.

ESTA FROITA SI QUE MOLA!

 

Regueifa froita 6º

Hoxe martes toca froita

É de cor amarela

Se ti a queres comer

Tes que baixar a por ela

REGUEIFAS DE NADAL

Benqueridas familias,

Xa se achega o final deste ano 2021 e unha excelente maneira de celebralo será escoitando as regueifas de Nadal creadas polo alumnado e que poderedes visualizar no blog de biblioteca!!!

Feliz e sano 2022

Moncho, o Sapoconcho

Regueifando polo Nadal

Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Gándara - Sofán deséxanvos unhas felices festas e un próspero aninovo 2022 con estas regueifas de Nadal.

O GÁNDARA SOFÁN COA INFANCIA E CONTRA A VIOLENCIA

Adicaremos esta semana a realizar diferentes tarefas en torno á defensa dos dereitos da infancia e contra todo tipo de violencia. Estade atent@s ó traballo feito, que será publicado nos distintos blogs do centro.

OBRADOIRO CON SABELA FERNANDEZ TRELLES "O LADRÓN DE SOÑOS"

Onte, día 4 de novembro o alumnado de primeiro e segundo de primaria realizou un obradoiro coa  autora de "O LADRÓN DE SOÑOS", Sabela Fernández Trelles. Tamén aproveitou a visita ao noso colexio para presentar a súa nova publicación " QUÉ QUERES SER DE MAIOR, PEQUENA?"

Amosamos algunhas das imaxes que nos deixaron a xornada.

 

 

 

Airiños, airiños, aires. Día das bibliotecas 2021

Os nenos e nenas de infantil presentámosvos "Airiños, airiños, aires", un poema de Rosalía de Castro.

Con este poema cantado conmomoramos o día das bibliotecas 2021.

Quen puidera namorala, de Álvaro Cunqueiro

Para desexarvos un bo Día das Bibliotecas, o alumnado de 5ºA interpreta "Quen puidera namorala", un poema de Álvaro Cunqueiro musicado por Luis Emilio Batallán.