A roda-roda. Manuel María. 4º EP

A roda-roda. Manuel María 4º EP.

O pasado día 24 de outubro conmemorouse o Día da Biblioteca. Este curso no noso centro decidimos celebralo con versións cantadas de poemas galegos. Na clase de 4º de E.P. escollemos "A roda-roda" de Manuel María.

Esperamos que vos guste.

 


 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Benqueridos lector@s, 

Aquí vos deixamos unha serie de recomendacións literarias para desfrutar lendo este verán!

Boas vacacións a tod@s

Moncho, O Sapoconcho e o Equipo de Biblioteca

AdxuntoTamaño
LECTURAS Verán 2021 FINAL.pdf2.89 MB

Mochila viaxeira en 4 anos 2020-2021

Os nenos e nenas de 4 anos desfrutaron moito cos libros da mochila viaxeira!

Desfrutaron lendo algúns dos contos que había nela, o seu favorito foi: Es ti o meu amigo!

 

...facendo unha das cousas que máis lles gusta que é cociñar, seguindo as receitas de Dora a Exploradora!

 

...e por suposto tamén desfrutaroon moito facendo as súas grandes obras de arte seguindo un libro de manualidades, o que máis lles gustou foi o floreiro!

 

 

En definitiva, pasarono xenial!

O vindeiro curso seguiremos desfrutando da mochila viaxeira!

 

"Os tres porquiños" en lingua de signos.

"Os tres porquiños" en lingua de signos.

Este curso para conmemorar o día do libro as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º aprendemos este conto tan entretido en lingua de signos.

 

Mochila viaxeira en 5 anos 2020 - 2021

Todos os nenos e nenas da aula de 5 anos levaron para a súa casa a mochila viaxeira e coa súa axuda elaboraron un montón de actividades como as que mostramos de seguido:

Receitas de comida inspirándonos no conto de "La Superchef":

Tamén arte coa natureza, grazas ao libro "Fago cousas con follas":


Por outro lado xogaron aos xogos de "Primavera, hace un buen día para jugar" e viron as películas do ratiño Pérez e Buscando a Dory.

Grazas mochila viaxeira, para o curso que ven queremos volver a verte!

"Cocodrilo" en LSE polos nenos/as de infantil

Esta semana, os nenos e nenas de infantil, estivemos aprendendo o conto de "Cocodrilo" en linguaxe de signos, para así conmemorar o Día do libro.

Esperamos que vos guste.

Confundindo historias

O alumnado de 4º, 5º e 6º cóntanos Confundindo Historias en Lingua de Signos.

 

QUE FROITA COMEMOS HOXE?

SOMOS MORADOS, REDONDIÑOS E PEQUENIÑOS.

QUEN SOMOS?