Skip to Content

CHARLA: INCLUSIÓN EDUCATIVA E SOCIAL.

Onte o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de recibir unha interesante e emocionante charla sobre a inclusión escolar e social, lembrando que todos somos iguais e que temos os mesmos dereitos e oportunidades, independentemente de cómo sexamos e de onde sexamos.

Esta actividade.foi organizada pora FAPACEL e xestionada pola ANPA.

(Preme na imaxe para ver máis)

ACTIVIDADE. "POR QUE TEMOS EMBIGO?"

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, recibiron a charla afectivo-sexual “Por que temos embigo?”, impartida por unha matrona, para dar a coñecer a súa profesión e tratar diversos aspectos relacionados co propio corpo e a reprodución. Esta actividade foi organizada pola FAPACEL e xestionada pola ANPA.

(Preme na imaxe para ver as fotos)

Actividade: "Grand Prix Financiero".

O pasado 21 e 22 de marzo, o alumnado de 3º a 6º de Primaria asistiron á actividade "Grand Prix Financiero", organizada pola sede Afundación, onde tiveron a oportunidade de gozar e aprender a xestionar os aforros e coñecer a importancia da saber axustarse a un presuposto a través do xogo, da creatividade e da imaxinación.

(Preme na imaxe para ver as fotos)

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 3.

O noso alumnado de 6º de Primaria segue protagonizando e editando o programa "TAS OU NON TAS". A continuación podedes ver o Capítulo 3. 

EDUCANDO EN FAMILIA

EXPOSICIÓN DE LIBROS 8M. (DÍA DA MULLER)

Dende a biblioteca deixámosvos unha selección de libros sobre mulleres extraordinarias que coa súa traxectoria acadaron logros que cambiaron o mundo.

MARIÑATUR (25 DE FEBREIRO)

ADMISIÓN ALUMNADO

Ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado

RELACIÓN DE DOCUMENTOS PARA A MATRICULACIÓN (algúns facilitanse no centro): https://drive.google.com/file/d/1lReQczdJ7lXVX3DSMO_5EHmmV-Dv75rS/view?usp=sharing

PARA DESCARGAR A SOLICITUDE: https://drive.google.com/file/d/1yXJ64Fi4xsPvNXJ2YwAJd9MoHGaOyHaW/view 

 

MAIS INFORMACIÓN NO ENLACE: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

AQUÍ A MARIÑA. Programa informativo.

TELECOGULEO presenta....

Programa informativo "AQUÍ A MARIÑA", adicado a MARIÑATUR, no que interveñen o Presidente da Xunta e os alcaldes da nosa zona. Non o perdades!

(Preme na imaxe para ver o programa)

ÚLTIMA HORA. (Hoxe na Voz de Galicia)

ACONTECEMENTO HISTÓRICO: Don Felipe e Dona Letizia presidirán o acto de inauguración de Mariñatur 2022 o vindeiro 25 de febreiro, nas instalación do CEIP Fondo Nois. Os reis virán acompañados doutras autoridades competentes.

(Preme na imaxe para ler o xornal)

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut