Skip to Content

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-23.

Adxuntamos a listaxe de libros para o vindeiro curso 2022-2023.

SERES MITOLÓXICOS.

O alumnado de 4º de Primaria, dentro do Taller de Animación á Lectura, realizou a actividade "SERES MITOLÓXICOS". relacionado co libro "A nena, o monstro e o mar" de Teresa González Costa. Podedes vela na seguinte publicación.

EXCURSIÓN 3º E 4º EP

O alumnado de 3º e 4º de EP realizaron unha saída o pasado 9 de xuño.

A primeira parada fixérona no Fonmiñá, no concello de Meira. Alí pararon a descansar e tomar un aperitivo, desfrutando da fabulosa natureza desa contorna.

Logo dirixíronse ata o Castro de Viladonga, onde realizaron unha actividade de recollida de información no Museo e despois percorreron o Casto a pé.

Por último, visitaron a Adea das Formigas de San Clodio. Alí comeron e realizaron o percorrido da Aldea. Tamén deron de comer ás vacas na granxa.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

EXPOSICIÓN CENIMA.

O pasado 3 de Xuño inaugurouse no Cenima a exposición con traballos dos centros escolares en homenaxe a Quique Guerra, organizada pola Asociación TÁ EN ARTES.

A continuación podedes ver os traballos do noso alumnado.

 

EXCURSIÓNS 5º E 6º DE EP

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP realizaron dúas saídas no mes de maio e xuño:

  1. Saída a Viveiro:                                                                  

  •  Actividade programada de PAINTBALL.                                
  •  Comida en San Roque.                                                               
  •  Baixada na tirolina con diferentes percorridos.                                                                                                                   

  2. Saída a Santiago de Compostela:

  • Visita guiada ás instalacións da Xunta de Galicia.
  • Visita guiada ao Parlamento.
  • Comida na Cidade da Cultura.
  •  Percorrido en tren turístico polas rúas de Santiago.

Podedes ver as fotos premendo nas imaxes.

     

Certame IlustrarNós.

O noso alumno Hugo Moirón Martínez, foi o gañador do II Certame Escolar de Ilustración IlustrarNÓS, na categoría de 5º e 6º de Primaria, convocado pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo. O acto da entrega de premios tivo lugar onte, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Parabéns Hugo!

SESIÓN DE IOGA

O pasado xoves, aproveitando o bo tempo, o alumnado de Educación Infantil, 1º de Educación de Primaria e os mestres/as, realizaron unha sesión de ioga ao aire libre coa que desfrutaron moitísimo.

(Preme na imaxe para ver o vídeo)

LETRAS GALEGAS 2022

Dende a biblioteca deixámosvos varios enlaces cos traballos realizados polo noso alumnado para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022.


PROGRAMA "TAS OU NON TAS" 5.

O alumnado de 6º de Primaria segue protagonizando e editando outro entretido programa de “TAS OU NON TAS”. Neste novo capítulo cóntannos, que aquí na Mariña, temos sorte co prezo do “gasol” tal como está a día de hoxe, xa que… “aquí non o botamos, senón que o facemos”.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.

Fai click para ver a convocatoria:

Libros de Texto (@LibrosTexto) | Twitter

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut