Skip to Content

Blogues

ENTROIDO

O entroido xa está aquí.

O "MECO" deixa un mandato cada día da semana.

O mércores xuntámonos na aula de 5 anos para mostrar o que levabamos na cabeza , ao pescozo e pintado na cara.

Mirade que guapos estamos todos e todas.

As abellas

O proxecto das abellas está a ser moi motivador.

O pasado venres pasamos un rato moi divertido coas bromas das mestras Gloria e Zaida , que representaron a unha despistada abella RAÍÑA e unha abella OBREIRA moi traballadora.

 

 

DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, no " Muro dos desexos " colgamos uns lazos de cores nos que escribimos os nosos anhelos de Paz ( amizade, compartir, amigos, risa, alegría, non pegar, amor ... ). Mirade que bonito quedou! 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO " AS ABELLAS "

Comezamos un novo proxecto, imos aprender moitas cousas das abellas. Como sempre pedimos a vosa colaboración para que mandedes información, libros, algún xoguete... relacionados co noso traballo. O punto de partida  foi probar a mel, que estaba moi doce e gustounos moito.

 

 

 

AGASALLOS NA ÁRBORE DE NADAL

Este luns tivemos unha sorpresa ao chegar ao cole despois das vacacións.

Os reis Magos deixaron agasallos para os nenos e nenas de E. Infantil.

Que sorte!

 

 

 

 

SAN SILVESTRE

Un ano máis tivemos cita coa "SAN SILVESTRE" no nosos colexio. E van sete!

Recorda  O DEPORTE É SAÚDE PARA O TEO CORPO.

NADAL

O mércores 20 de decembro tivemos o Festival de Nadal .  As clases de 3 e 4 anos cantaron unha panxoliña e a clase de 5 anos fixo unha pequena obriña e cantaron unha panxoliña. Fixérono moi ben, son uns artistas!  

O xoves 21 tivemos unha obra de teatro  " O país dos Mandóns " e despois houbo unha merenda con todas as larpeiradas que trouxeron da casa.

 

 

VISITA DE PAPÁ NÖEL.

O martes visitounos Papá Nöel, estabamos moi emocionados cando lle dimos a carta coas nosas  peticións de agasallos. El deunos uns caramelos.  Foi moi emocionante!!

 

25 de Novembro.Día contra a violencia de xénero.

Este venres quixemos aportar  desde a escola , o noso gran de area para protestar contra a " VIOLENCIA DE XÉNERO ".

Traballamos o conto " O PAÍS DOS MANDÓNS"   de Paloma Rodríguez e Cristina Justo ,  da editorial Embora.

Todos e todas estamos de acordo en que queremos un  PAÍS DA IGUALDADE.

Educación en valores

Esta semana  e  durante duas sesións máis , ATALAIA SOCIAL desnrola un programa de educación en valores para o alumnado de E.Infantil . 

O programa está financiado pola Deputación e A.N.P.A.

Aquí tedes algunhas fotos da primeira sesión onde traballamos  competencias emocionais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut