Skip to Content

Blogues

XOGAMOS COS PEÓNS.

"Polo San Martiño , peóns ao camiño".

O alumnado  de sexto de E. Primaria mostrou ao alumnado de sexto de E. Infantil o manexo dos peóns.

Moitas gracias chicos.

                         

 

 

 

                                    

RECORDANDO O PRESTIGE

No ano 2002 produciuse o afundimento do Prestige preto das costas de Galicia. Os nenos e nenas de Infantil recordámolo cun conto, con vídeos, con imaxes...  para que NUNCA MÁIS volva a pasar.

 

 

 

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Nervy, a mamá de Carlos  , veu a clase a explicarnos como se fai unha pizza saudable (unha das comidas favoritas de moitos nenos e nenas).

Axudamos un pouco a amasar para facer a base e logo colocamos os ingredientes : queixo,xamón , tomate...

Como non temos forno no cole non puidemos cociñala , pero Nervy quedou en traer unha pizza cociñada para tomar calquer día da semana.

Moitas gracias Nervy.

 

SAMAÍN

O samain xa marchou , pero non queremos deixalo pasar sin agradecer a vosa colaboración coas cabazas.

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Cando Catalina foi protagonista recibimos a visita da súa nai  Carmen e os seus avós maternos.

A avoa contounos un conto que xa lle contaba as súas fillas cando eran pequenas, "Julieta , estate quieta".

Con Carmen,  que é cinturón negro en "JUDO" , aprendimos a saudar e algunha que outra chave de defensa persoal neste deporte , tamén o valor do respeto ao compañeiro e que nunca nunca se utiliza para facer dano.

Moitas gracias a toda a familia.

 

 

 

 

PROTAGONISTA DA SEMANA

Nesta ocasión a protagonista  foi Adriana , e a súa mamá Tania , que é enfermeira , trouxo un gran maletín para contarnos e mostrarnos as cousas que necesita para coidar aos enfermos.

Tamén deixou xiringas , tiritas...para o nosos botiquín da clase.

Moitas gracias Tania.

 

VISITA DO MOUCHO

E por fin chegou o Moucho , xa nos tardaba.

"Héctor , el hombre extraordinariamente forte" e "Suave e quentiño"  foron os contos nesta ocasión.

CUMPLEANOS DE 3 ANOS

Hoxe, último venres de outubro, celebramos os cumpleanos dos nenos que fixeron 3 anos en Setembro e Outubro: Silvia, Rodrigo, Gabriel e Noel.

O biscoito estaba moi rico.

 

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

A aula de 4-5 anos está a traballar o proxecto " a familia".

Unha actividade que ten moito éxito é " O PROTAGONISTA DA SEMANA".

A primeira protagonista foi Elena. A súa nai Sandra trouxo unha gran cesta de fabas e aprendimos a debullar.

Agora as temos a secar  e , cando chegue a primavera,  as plantaremos no noso horto.

Moitas gracias Sandra.

 

 

 

ADAPTACIÓN DE 3 ANOS

Os pequerrechos do cole son un  grupo numeroso de 22 nenos e nenas, moi alegres e agarimosos.

Empezaron o curso, algúns cun pouquiño de medo ao desconocido, xogando e descubrindo novos amigos,  rincóns, espazos e clases do novo cole. 

Comezou unha nova etapa da súas vidas cargada de aventuras e descubrimentos e as profes estamos encantadas de acompañalos nesta viaxe.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut