Skip to Content

Blogues

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Raúl , o papá de Julio, mantivo a todos e todas boquiabertos cando mostrou a motoserra e o maletín de ferramentas que emprega no seu traballo de mecánico.

Unha cousa moi importante no maletín é manter a orde , por iso cada oco ten un número que coincide co da peza.

Ademáis fíxonos un agasallo para a clase, unha motoserra , "PERO DE XOGUETE".

Moitas gracias Rául.

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Anxo tamén foi protagonista. A súa mamá Sonia traballa nunha guardería e fai

cos seus alumnos e alumnas murais como o que nos axudou a elaborar.

Trouxo unha caixa chea de telas e outra con papeis recortados de diferentes texturas e cores.

Entre todos os pegamos libremente e o resultado foi unha auténtica obra de arte que agora decora a nosa aula.

Moitas gracias Sonia.

NADAL

Co Nadal rematamos o ano.

Moi pronto teredes o video coas actuacións na videoteca.

 

  

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Nicolás tamén foi protagonista.

O seu papá , Daniel, é arxentino e fíxonos ver cantas cousas teñen en común Arxentina e Galicia. Comparou os bailes típicos , as comidas ,as bandeiras.

A Daniel acompañábao a súa mamá (avoa paterna de Nicolás ) que chegara o día anterior de Arxentina.

A ela gústalle moito o ganchillo e durante a explicación do seu fillo teceu unha banda coas cores que son comúns as bandeiras galega e arxentina e e que quedou como símbolo de unión dos dous pobos.

Moitísimas gracias aos dous.

 

VIII SAN SILVESTRE

E un ano máis corrimos a "SAN SILVESTRE" , e xa van oito.

O lema de este ano : "O FRACASO NON EXISTE;SIMPLEMENTE HAI DIFERENTES RESULTADOS". (Sigmund Freud).

 

VISITA DE PAPÁ NOEL

A semana pasada recibimos a visita de Papá Noel.

Pasamos a mañá con moitos nervios escribindo as nosas cartas e esperando a sáua chegada.

   

 

           

 

Máis fotos na galería.

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Cando Xaquín foi protagonista , Rosana  , a súa nai , falounos de Estados Unidos , o seu país de orixen.

Divertímonos moito cun xogo co que eles pasan moi bos ratos na casa.

Tiña un gran dado de cores  , e tarxetas con ordenes diferentes  que estaban escritas en inglés.

Rosana dicía o que poñían e moitos, sin traducir, xa sabían o que tiñan que facer.

Non se cansaban de tirar unha e outra vez.

Moitas gracias Rosana.

 

TALLER DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Durante o mes de novembro e coa axuda de tres monitoras da empresa "NUTRICIONA" ,  aprendimos a comer de forma saudable.

(Actividade subvencionada pola ANPA).

Se queredes máis información podedes consultar nesta páxina web : nutriciona.es.

(Pestana extraescolares ,picar en Brexo-Lema , contrasinal brexolema).

 

Tedes máis fotos na galería.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde o noso cole  apoiamos o "Día internacional contra a violencia de xénero" que se celebra o 25 de novembro.

O PROTAGONISTA DA SEMANA

A semana pasada estivo na nosa aula Abi , a mamá de Tirso.

Contounos "CORRE CORRE CABACIÑA" , un conto moi apropiado para esta época do ano , e que nos gustou moito.

Tamén aprendimos un pouco da linguaxe de signos , xa que ela traballou con sordomudos.

Agora decimos na asamblea os días da semana tamén nesa linguaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut