try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Normalización Lingüística

Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013

     A Real Academia Galega decidiu, no plenario celebrado o 22 de xuño, dedicarlle as Letras Galegas no ano 2013 ao autor, director e actor teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002).

O dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño foi un dos artífices da profesionalización do teatro galego, coa creación da primeira compañía, o Grupo Antroido. Ademais de con Antroido, tamén traballou co Centro Dramático Galego (CDG) e coa súa compañía propia, Teatro do aquí.

Vidal Bolaño foi actor, director e escritor de teatro, mais, en xeral, tamén un axitador cultural.

Entre as súas obras teatrais escritas pódense sinalar, entre outras, Laudamuco, señor de Ningures (1976), Bailadela da morte ditosa (1980), Agasallo de sombras (1992), As actas escuras (1994), Doentes (1998), A ópera de a patacón (1998) ou Animaliños (2003), moitas delas, ademais de escritas, tamén dirixidas por el mesmo ou levadas aos escenarios por diversas compañías.

Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

Receitas doces. O recetario do CEIP Rebordáns

OS MAIOS NO NOSO COLE.

Sorry, flash is not available.

Correlingua 2012

Correlingua 2012 on PhotoPeach

Coplas 2012

Presentamos as magníficas coplas de Os Maios que fixeron os alumnos e alumnas do CEIP Rebordáns.

                                                 Coplas de 1º Primaia  

En maio os campos,

cheos de fores están.

Bailando e xogando,

os nenos e nenas que ben o pasarán.

 

 

Fixen un colar

para todos adornar.

Na cabeza, no pescozo

que guapo vou estar.

 

 

                                                            Coplas de 2º  

Xa chega o maio

xa chega a calor

os de 2º estamos

fervendo coma o sol.

 

 Xa estamos no maio

 cheo de flor

 e temos que prepararnos

para un gran chapuzón.

 

Este mes de maio

ímonos escaldar

de tanto que temos

que traballar.

 

 

En Galicia os maios

son moi bonitos,

e todos nós,

nos divertimos.

 

 

                                                                  Curso 3º  

Maio fermoso a túa chegada

queremos celebrar

e por iso unhas coplas

imos recitar.

 

 

 

Hoxe no cole

un maio fixemos

con xestas, fiúncho e cocas

que nenos e nas trouxemos.

 

 

 

O maio é unha festa

faise con flores, fiúncho e xestas.

As cocas non poden faltar

xa que é

unha parte fundamental.

 

En Rebordáns os maios

Imos celebrar. Coa axuda

dos avós, que nos poden ensinar

xa que é a tradición

Tradición de moitos anos atrás.

 

O nenos de Rebordáns

os maios quremos celebrar

se non para de chover

pouca podemos facer.

 

 
                                                                  Curso 4º  

Os nenos e nenas de Rebordáns

estamos a celebrar

unha festa espectacular e especial

son os maios, e ninguén vai faltar. 

 

Este ano no noso cole

os maios imos celebrar

e se un queres adornar,

colores de flores terás que preparar.

 

Os nenos e nenas Rebordáns

os maios imos adornar

con flores e colares

e coplas recitar.

 

Os nenos e nenas de cuarto

gústanos moito xogar.

Pero nada, nadiña estudar

porque somos moi folgazáns.

 

Os nenos e nenas de cuarto

xogan no patio.

Pero cando quedan castigados

están moi enfadados

Os nenos e nenas

no pavillón,

celebrando os maios,

vaia follón!

 

Os nenos e nenas deste colexio

os maios van celebrar,

colares de flores e de bugallos

van colgar. 

 

Este ano o noso cole

os maios imos celebrar

 e se queres participar,

 unha copla terás que recitar.

                                                                  Curso 5º

 

Chegan os maios

estamos en festa

Facemos castelos

con flores e xestas.

 

 

Cando ven a primavera

saen as flores.

os de Rebordáns as collen

para facer torres.

 

 

Os nenos de 5º

imos dicir

coplas de maio

neste día tan feliz

 

 

Os maios de Rebordáns

queremos celebrar

con pampullos e xestas

os queremos adornar.

 

 

No cole de Rebordáns

sempre rimos s

pero cando ven

o profe estamos ben caladiños

 

Os nenos de Rebordáns

 estamos sempre en grupìños

 pero hoxe é maio

 e estamos ben xuntiños.

 

No colexio de Rebordáns

celebramos os maios,

e nesta festa

todos participamos.

 

 

Este ano no colexio

os maios imos a celebrar.

Fixen esta copla

para podela recitar.

 

 

                                                                  Curso 6º

 

Os alumnos de 6º

este ano rematamos

e moi tristes

para o instituto vamos.

 

 

 

 

Os de primeiro e segundo

séntanse coas nenas

se a iso se lle chama ligar

ensiñemoslle a pensar.

 

 

 

 

Celebramos os maios

 

Valentín Paz Andrade. Letras Galegas 2012

LIM delaborado polo EDLG do CEIP Rebordáns-Tui.

Os maios do CEIP Rebordáns

Os maios do CEIP Rebordáns on PhotoPeach

Día Mundial da Poesía, 21 de marzo

O 21 de marzo, a UNESCO celebra o día mundial da poesía. Este foi un acordo tomado durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en París no ano 1999.


O principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas por medio da da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades. PoR outra banda, este día trata de apoiar á poesía a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover a enseñanza da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía ás demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura, ...o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxen atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a arte da poesía xa non se considera unha forma anticuada da arte, senón un.


                                                                                            Longa noite de pedra


O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.


                                                               CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova, 1912 - Vigo, 1979)


                       

Distribuir contido