try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Coplas 2012

Presentamos as magníficas coplas de Os Maios que fixeron os alumnos e alumnas do CEIP Rebordáns.

                                                 Coplas de 1º Primaia  

En maio os campos,

cheos de fores están.

Bailando e xogando,

os nenos e nenas que ben o pasarán.

 

 

Fixen un colar

para todos adornar.

Na cabeza, no pescozo

que guapo vou estar.

 

 

                                                            Coplas de 2º  

Xa chega o maio

xa chega a calor

os de 2º estamos

fervendo coma o sol.

 

 Xa estamos no maio

 cheo de flor

 e temos que prepararnos

para un gran chapuzón.

 

Este mes de maio

ímonos escaldar

de tanto que temos

que traballar.

 

 

En Galicia os maios

son moi bonitos,

e todos nós,

nos divertimos.

 

 

                                                                  Curso 3º  

Maio fermoso a túa chegada

queremos celebrar

e por iso unhas coplas

imos recitar.

 

 

 

Hoxe no cole

un maio fixemos

con xestas, fiúncho e cocas

que nenos e nas trouxemos.

 

 

 

O maio é unha festa

faise con flores, fiúncho e xestas.

As cocas non poden faltar

xa que é

unha parte fundamental.

 

En Rebordáns os maios

Imos celebrar. Coa axuda

dos avós, que nos poden ensinar

xa que é a tradición

Tradición de moitos anos atrás.

 

O nenos de Rebordáns

os maios quremos celebrar

se non para de chover

pouca podemos facer.

 

 
                                                                  Curso 4º  

Os nenos e nenas de Rebordáns

estamos a celebrar

unha festa espectacular e especial

son os maios, e ninguén vai faltar. 

 

Este ano no noso cole

os maios imos celebrar

e se un queres adornar,

colores de flores terás que preparar.

 

Os nenos e nenas Rebordáns

os maios imos adornar

con flores e colares

e coplas recitar.

 

Os nenos e nenas de cuarto

gústanos moito xogar.

Pero nada, nadiña estudar

porque somos moi folgazáns.

 

Os nenos e nenas de cuarto

xogan no patio.

Pero cando quedan castigados

están moi enfadados

Os nenos e nenas

no pavillón,

celebrando os maios,

vaia follón!

 

Os nenos e nenas deste colexio

os maios van celebrar,

colares de flores e de bugallos

van colgar. 

 

Este ano o noso cole

os maios imos celebrar

 e se queres participar,

 unha copla terás que recitar.

                                                                  Curso 5º

 

Chegan os maios

estamos en festa

Facemos castelos

con flores e xestas.

 

 

Cando ven a primavera

saen as flores.

os de Rebordáns as collen

para facer torres.

 

 

Os nenos de 5º

imos dicir

coplas de maio

neste día tan feliz

 

 

Os maios de Rebordáns

queremos celebrar

con pampullos e xestas

os queremos adornar.

 

 

No cole de Rebordáns

sempre rimos s

pero cando ven

o profe estamos ben caladiños

 

Os nenos de Rebordáns

 estamos sempre en grupìños

 pero hoxe é maio

 e estamos ben xuntiños.

 

No colexio de Rebordáns

celebramos os maios,

e nesta festa

todos participamos.

 

 

Este ano no colexio

os maios imos a celebrar.

Fixen esta copla

para podela recitar.

 

 

                                                                  Curso 6º

 

Os alumnos de 6º

este ano rematamos

e moi tristes

para o instituto vamos.

 

 

 

 

Os de primeiro e segundo

séntanse coas nenas

se a iso se lle chama ligar

ensiñemoslle a pensar.