try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Normalización Lingüística

ENTROIDO NO BOSQUE.

     Chegou o entroido e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto co Equipo de Biblioteca organizamos as seguintes actividades:

  • Un obradoiro de carautas de animais do bosque durante os recreos.

   

  • Elaboración de coplas de entroido por parte do alumnado:

Os nenos de 1º

son un montón

e todos xuntos

fan un follón.

Adrián 2º.

As profes Rosa e máis Elisa

sempre andan na bilioteca.

Nós queremos que nos leven

mellor a unha discoteca.

Uxía 4º.

No entroido bailamos,

xogamos e brincamos

e tamén nos disfrazamos.

Sergio 1º.

As nenas de 5º

van polo corredor,

baila que te baila

dando voltas como uns balóns.

Sheila 2º.

No entroido vou nun camión

e pitarei un montón.

No pavillón

xogamos e divertímonos mogollón.

No entroido vou disfrazarme de árbore

e na casa penso regarme.

                                                                                  Roberto 3º.

  • Como vén sendo habitual hai uns anos, pretendemos ir coñecendo como se celebra esta festa nas vilas galegas. Este curso viaxamos ata a Pobra do Brollón, en Lugo, para investigar o entroido de Salcedo, que ten como protagonista ao Oso.

 

  • Como remate final destas actividades, o venres 17, a partires das 11:30 realizamos o tradicional desfile de disfraces no pavillón. O fío condutor deste ano foi "O bosque" xa que este é o proxecto que estamos a traballar no cole. A ANPA tamén colaborou con este tema confeccionando co alumnado disfraces de flores e árbores nas actividades extraescolares.

     

     Despois do desfile houbo unha degustación de doces típicos destas datas, achegados polas familias e, como peche desta celebración, todos saltamos á pista a bailar.

 

24 de febreiro día de Rosalía de Castro

Fai 175 anos do nacemento dunha das figuras máis importantes na literatura de Galicia. Naceu o 24 de febreiro de 1837 en  ,en Santiago de Compostela. Poeta e novelista  tanto en ligua galega como española.

Para celebrar este día, o alumnado elaborou un mural con estrofas e ilustracións  de diferentes poemas e na  programación da radio escolar fixemos un programa especial adicada a a Roisalía de Castro.

 

                  

 

 

    

        

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

175 anos do nacemento de Rosalía de Castro


 

As nosas árbores

As nosas árbores on PhotoPeach

SAMAÍN 2011


 


Coma xa ven sendo tradición durante a semana do 21 ao 25 de novembro celebramos o Samaín no colexio.


Desenvolvéronse diferentes actividades relacionadas coa festa do Samaín:


-Mostra de libros de medo, en colaboración coa Biblioteca Municipal.


-VII Exposición de cabazas, polos corredores do centro , en colaboración coas familias e que un ano máis resultou moi exitosa e na que a participación dos pais/nais foi maioritaria. Tedes as fotos en galerias.


-Exposición de contos “Un bosque de medo”. Relatos de medo escritos e ilustrados polo alumnado.


-Acto de clausura na biblioteca do centro:


.Proxección dun conto, “Fiz, o coleccionista de Medos”.


.Canción en inglés “It´s Halloween”. 5º curso. 


.Canción de "O Samaín". 3º curso.


. Lectura dunha escolma dos relatos de medo . Alumnado de 2º.




. Entrega de diplomas aos participantes na Exposición de Cabazas.


GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!

Correlingua 2010 en Salceda de Caselas

Xunto cos centros educativvos do Baixo Miño e do Condado, o martes 3 de maio celebramos en Salceda de Caselas o Correlingua 2010.

 

COMPARTIMOS POESÍA

     Con motivo do Día Mundial da Poesía, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria visitaron as aulas de 1º e Infantil de 5 anos para ler poemas mentres os máis pequechos os interpretaban con debuxos.

     Neste vídeo podedes comprobar con que atención os máis cativos escoitan aos "un pouquichiño maiores" e estes, que formais estaban no seu papel.

     Foi unha experiencia ben fermosa e positiva para todos.

Sorry, flash is not available.

Febreiro

Que nin unha pinga pingue.

Lavadoiro de Mallón. Ribadelouro

Foto: Aurelia, 4º E.P.

Xaneiro

 

 

Muíño Darriba no río Deique. Paredes ( Rebordáns)

Fotografía de: Adrián 4º ,  Primaria

A auga: parte de nós

Este ano o proxecto proposto por Voz Natura foi,  a auga,  e co lema " A auga: parte de nós" elaboramos o calendario para o ano 2011.

O alumnado fixo fotografías do entorno escolar e tamén elaborou eslogans con este tema. O resultado foi  que cada mes do ano tiña unha foto cun eslogan.

Foron moitas as fotografías que se recolleron,  e con todas elas faremos unha exposición  que seguro axudará a coñecer mellor o medio onde vivimos.

 

Río Cotarel. Ribadelouro

Fotografia de: Ángel, 2º Primaria

Distribuir contido