Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
26
| 27
Start: 27/09/2016 13:47
Queridas familias, rematado xa o prazo posto pola Federación Provincial de APAs para inscribirse nos programas Deporte no Centro, POE e Natación; a APA Parque de Belona alégrase de que nas seguintes actividades se acadaran o cupo de alumnos necesario para poder levalas a cabo. As actividades nas que se formou grupo son: - Prepatín - Xogos rítmicos - Baile Moderno - Ximnasia rítmica - Multideporte - Natación - POE DE LUNS A VENRES. Mágoa que Patín, Xadrez e Xogos tradicionais non acadaran o número de alumnos esixido. Estamos a espera de confirmación pola Federación de APAS se permiten a súa realización con menor numero de alumnos. En canto saibamos a súa decisión comunicarémolo polas vías de costume (circular, web, cartaz na fiestra da oficina…). Das actividades ofertadas pola APA só fallan uns poucos alumnos para acadar o número necesario en Fútbol e en Robótica de 5º e 6º EP. Animamos a que os inscribades, xa que ó ser dependentes da APA, e non da Federación, aínda podedes facelo. NOVA ACTIVIDADE: Tras a reunión coas familias do día 14, presentóusenos a demanda dunha actividade os martes de 16:00 a 17:00hs, con gran esforzo presentamos a actividade de ARTES PLÁSTICAS: Dirixida a Educación Primaria, desenrolarán múltiples e diferentes formas e técnicas artísticas onde o alumno descubrirá a sua propia capacidade creativa. Precísase dun mínimo de 10 alumnos. O día de comezo será o martes 11 de outubro. Prezo: 12 €/mes Moitas grazas pola vosa colaboración e esforzo para sacar adiante as actividades. HORARIO DA APA MARTES DE 9 a 10 MÉRCORES DE 16 a 17
Podes descargar esta circular facendo click aqui | 28
| 29
| 30
| 1
| 2
|