Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o Concello de Vigo, en colaboración coa Asociación “A Golpe de Pedal”, organiza esta fin de semana (4 e 5 de xuño) o evento “A PEDALIÑA 2016”, coas seguintes actividades:
- SÁBADO 4, de 17 a 21h. no Parque do Castro:
Actividades de educación vial, sesións didácticas con suxerencias para deixar os ruedíns, clases para adultos, bicicletas de BMX Freestyle e bike Trial, mini bike park e circuitos de habilidades, obradoiros de mecánica básica da bicicleta, bicis eléctricas, tándem da ONCE, circuito BTT con monitores cualificados, hinchables, xogos de mesa e manualidades.
- DOMINGO 5, a partires das 11h:
Marcha popular en bicicleta polas rúas de Vigo, que sairá da Porta do Sol e fará un percorrido circular que rematará no mesmo lugar (duración estimada de 2h)
Animámosvos a todos e todas a participar nestas actividades lúdicas, saudábeis e educativas arredor do máis limpo medio de transporte: a bicicleta!!!
Pinchade na imaxe do cartel para acceder a toda a información.