A biblioteca “O MOUCHO” é un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
A nosa biblioteca é una biblioteca inclusiva , que dá respostas ás necesidades de todo o alumnado do centro no que atinxe a accesibilidades, aos recursos dispoñibles a través da colección física ou virtual, aos equipamentos ou as actividades propostas.
Dende o equipo de biblioteca sempre intentamos deseñar e apoiar actividades para o fomento da lectura, así como integrar as familias co fin de implicalas na formación de lectores e lectoras.