E co Festival das Letras Galegas xa celebrado, aquí vos deixamos unha mostra, entre outras cousas, do noso paso polo Centro Cultural de Beade o pasado venres. Pronto colgaremos as actuacións na nosa canle de Youtube.
O prometido é débeda! Aquí vos deixamos con unhas imaxes da celebración dos Maios, o pasado 29 de abril. Agardamos que o Sol primaveral non se esqueza de voltar!
Qué mellor maneira de darlle a benvida á PRIMAVERA que cantando?? O pasado venres tivemos un día espléndido para celebrar o MAIOdeste ano. Desfrutámolo moito! Pronto poderedes ver un vídeo-resumo, permanecede atentos á nosa canle de Youtube
Aquí podedes ver o proceso de elaboración, no que colaboraron todos os nenos e nenas do cole.
Esta semana comezaremos ao grande!!! O luns 25 celebraremos o DÍA DO LIBRO no colexio cos nosos aclamados APADRIÑAMENTOS LECTORES. Será un pracer disfrutar dunha mañá de lecturas, nas que os máis maiores exercerán de contacontos. Estades preparados???
E, como máis vale tarde que nunca, deixámosvos con algúns documentos gráficos das últimas celebracións que realizamos durante este curso. Non podemos negar que, tanto maiores coma pequenos/as, pasámolo pipa!
* COMEZANDO O CURSO 15-16 COA BANDA DE MÚSICA DE BEADE:
* MAGOSTO 2015:
* DÍA DA PAZ 2016:
E non esquezades que podedes acceder aos vídeos de cursos anteriores na nosa canle de Youtube! Pinchade no enlace da imaxe e atoparedes o acceso, onde tamén poderedes suscribirvos ao noso canal.