Aulas do pasado
Os nenos e nenas de cuarto fixemos unha saída ao museo Verbum-Casa das Palabras (avenida de Samil, 17) para ver unha exposición chamada “Aulas do pasado”. Foi moi interesante coñecer todos os elementos da época: pupitres, lousas, pizarríns, plumillas, mapas, tinteiros, ábacos, libros...
Gustounos moito usar os pizarríns e as plumillas, e descubrimos o papel calcante, un papel “máxico” que fai fotocopias.
O mellor foi sentir por un momento que eramos alumnos e alumnas dunha escola pública de hai cincuenta anos e ata xogamos a xogos populares da época como o “Pasemisí”.
Foi unha saída moi didáctica xa que ademáis de aprender como estudaban os nosos avós e avoas aprendemos a valorar todas as vantaxes das que desfrutamos nas nosas escolas hoxe en día.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20171114_095222.jpg | 30.5 KB |
20171114_102227.jpg | 28.97 KB |
20171114_100527.jpg | 29.3 KB |
20171114_102232.jpg | 24.77 KB |
IMG_0001.JPG | 36.44 KB |
IMG_0017.JPG | 32.69 KB |
IMG_0021.JPG | 39.27 KB |
IMG_0025.JPG | 28.65 KB |
IMG_0036.JPG | 31.59 KB |
IMG_0041.JPG | 31.18 KB |
IMG_0045.JPG | 30.76 KB |
IMG_0046.JPG | 29.66 KB |