Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Blogues

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS LIBROS ASIGNADOS DO FONDO LIBROS

No arquivo adxunto pódese consultar a asignación definitiva dos libros que lle corresponden a cada alumno do fondo de libros do Colexio

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DOS LIBROS ASIGNADOS EN FONDO LIBROS

No adxunto seguinte pódese consultar a asignación provisional dos libros que lle corresponden a cada alumno do fondo de libros do Colexio

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

NO ARQUIVO ADXUNTO PÓDESE CONSULTAR O LISTADO DOS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019

Prazos fin de curso

A  Dirección do Centro e os profesores titores, infórmanos de que:

1º.-     O día 2 de xullo, os pais/nais do alumnado  de  6º nivel, desde as 10:00 ata as 13:00  horas,  recollerán  no Centro o Historial académico.

2º.-    Os vales para a compra dos libros de 1º e 2º  entregaranse  dende o 9  ata o 13 de xullo.
    O día 10 de xullo publicarase (na páxina web do centro)  a resolución provisional da asignación de libros de texto para os alumnos  que cursarán 3º a 6º de Ed. Primaria no vindeiro curso  2018/2019. O día 18 de xullo sairá a resolución definitiva. Os libros asignados pola Consellería  entregarémosllos ao alumnado nos primeiros días de setembro.
    Lembrámoslles que para ter dereito aos libros do fondo, deberá ter devoltos todos os libros do curso actual.
 
3º.-     O curso escolar 2018/2019 comezará  para todos os alumnos o día  12 de setembro e rematará o 21 de xuño do 2019.
Ponte Caldelas, 21 de xuño  de 2018

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017-18

Estimados pais e nais:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2018-19. O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013 dará lugar ao aboamento dunhas tarifas.

Estas tarifas van a estar en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:

0 € (gratuíto)   renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

1 € por día renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

4,50 € por día renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000 €

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

O prazo de presentación xa está abertoata o 22 de xuño

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN

Ábrese o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/19

O prazo será do 1 ao 20 de marzo

No arquivo adxunto pódense consultar o numero de prazas ofertadas polo noso centro.

A instancia de admisión pódese recoller no centro ou baixala do arquivo adxunto.

Reserva de Praza no IES de Ponte Caldelas

Bo día:
Dende o IES de Ponte Caldelas comunicousenos que as solicitudes de reserva de praza para o curso 2018/2019 feitas polo alumnado do noso centro foron todas admitidas.
Un saúdo

Apertura do prazo para facer a reserva de praza para o curso 2018-2019

Conforme o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, o plazo de reserva de plaza para o curso 2018-2019 é do 1 de febreiro ao 15 de febreiro de 2018.


As familias poden optar voluntariamente por facer a reserva de praza a través da aplicación informática admisión alumnado , no menú Solicitudes- Reserva de praza- Crear solicitude de reserva, en lugar de cubrir o impreso en papel.

A través de esta ferramenta tamén poderán cumprimentar e presentar as solicitudes de admisión de forma electrónica. De tódolos xeitos adxuntamos o modelo de solicitude para descargar para aqueles que desexen presentar a solicitude en papel

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro