Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Recursos para a corentena 

#GaliciaLe e #Ebiblio abren o catálogo a toda a población para fornecernos de lecturas e películas durante o confinamento

 

Se non tés carné da #biblioteca rexístrate aquí

 

galiciale.gal

 

No Cordo Boullosa Tamén Quedamos Na Casa

REPASO CC.NN 3º E.P.

Material de repaso CC.NN (descargar o arquivo en PDF), no blogue do 2º ciclo tedes algún video e algún enlace para ver e xogar. 

 

Anexo a continuación tamén as correccións para as primeiras fichas de repaso que recollichedes no cole.

 

Anexo a continuación tamén as correccións para as segundas fichas de repaso.

Saúdos

 

 

Actividades de matemáticas semana do 23 ao 26 de marzo

Baixade o arquivo 

Actividades Valores 6º B

Ola!

Tendo en conta os tempos que estamos a vivir, quero que esta semana leades os textos que aparecen na ficha que tedes mais abaixo para descargar. Unha vez que os leades, o traballo é que escribades exemplos de actos solidarios que se estan a facer nesta situación excepcional que estamos a vivir, e tamén que podemos facer todos nos para axudar a superar esta crise do coronavirus. Como sempre, tedes toda a semana para facelo. Ánimo e coidaros moito. Se tedes algunha dúbida podedes mandarme un e-mail a esta dirección: noemiseijas@edu.xunta.es

 

Coronavirus en pictos

Esta é unha situación excepcional, e para algúns alumnos podelles custar entendela. Para axudarlles, o Centro Aragonés para la Comunicación Aumentativa y Alternativa pon a disposición de todo o mundo na súa aula aberta, explicacións con pictogramas acerca desta enfermidade, e da necesidade de quedar na casa entre outras cousas. 

Aquí vai o link:

http://aulaabierta.arasaac.org/materiales-caa-coronavirus

 

Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto con nosco neste e-mail:

noemiseijas@edu.xunta.es

Xogo da Oca de Educación Físca

O profe Ramón deseñou este xogo da oca, no que a protagonista e Curicuxa, para facer Educación Física de forma divertida.

Animádevos!!!

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro