Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017-18

Estimados pais e nais:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2018-19. O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013 dará lugar ao aboamento dunhas tarifas.

Estas tarifas van a estar en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:

0 € (gratuíto)   renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

1 € por día renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

4,50 € por día renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000 €

Para facer o cálculo explícase todo o proceso no anexo VI que se adxunta con esta nota. Hai que aclarar que os datos fiscais que hai que xustificar son os relativos a declaración da renda do ano 2017 (a declaración da renda presentada este ano)

A Consellería de Educación estableceu un total de 62 prazas para o noso comedor escolar.

AdxuntoTamaño
Autodeclaración 2018.pdf430.96 KB

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro