Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación primaria

Suxestión de actividades 22 abril 2020

Bo día a todos e a todos: hoxe déixovos unhas recomendacións de xogos para aprender xogando así como as solucións das actividades do luns.

RULETA DE PALABRAS: que sabes dos animais vertebrados?

CRUCIGRAMA: repaso da función de relación.

XOGO EN FAMILIA: é un xogo online e sen descarga. Debedes pulsar os números do 1 ao 50 en orde e o máis rápido posible.

EXPLORA O UNIVERSO. Accede a xogos, adiviñas, simulacións interactivas, animacións, artigos, contos, poesías e unha galería fotográfica para navegar polo cosmos.

ERES UN CIENTÍFICO SABIO. Incrementa os teus coñecementos con este xogogo virtual de peguntas e respostas para un ou varios xogadores

Ánimo e adiante! 

RETOS EF NO CONFINAMENTO (20 ao 24 abril)

Ola rapaces e rapazas!

Déixovos unha serie de retos para levar a cabo. Seredes capaces de superarvos a vós mesmos? As explicacións están en catalán, pero fan unha demostración do reto polo que é facilmente entendible. A por elo!!!

 

 

 

-           Salta comigo: https://youtu.be/b_xGJqGcDas

-           Quen se achega máis?: https://youtu.be/ZPomffax4DI

-           Baixo canastra: https://youtu.be/tfyzxVQhZeU

-           Érgome sen que me caia o rolo: https://youtu.be/Iw9cNYlRL5w

-           Aplauso pelota: https://youtu.be/MrQvEvUyvwg

-           Quen encesta máis?: https://youtu.be/aBZa3iTemXM

English activities: Earth Day!

Hello!

Here you have some activities to do:

1) Practice the new vocabulary with Quizlet!

2) Earth Day reading. Read and try to answer the questions. Download the PDF below.

3) Make a craft of Earth's Day. Download the PDF below.

Enjoy!

4º PROPOSTA DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL

Bo día!

A continuación adxunto a proposta para esta semana.

Un saúdo.

 

Suxestión de actividades 20 abril 2020

Bo día a todos e a todas:

Aí vai unha nova suxestión de actividades para estes días e as solucións ás actividades do venres.

Déixovos tamén un enlace para aprender xogando e un conto da ONU sobre o coronavirus.

-APRENDIENDOMATES dispón de exercicios variados con diferentes niveis de dificultade, ofrece a opción de identificarse e ir gardando os resultados.

-CONTO DA ONU SOBRE O CORONAVIRUS.

Van tamén dous arquivos coas instrucións a seguir para que as familias poidades dispor dos libros dixitais do alumnado de cuarto, so tendes que seguir os pasos para acceder a eles poñendo o USUARIO e a CONTRASINAL que aparece na mensaxe Abalar que vos enviei hoxe.

Ánimo e adiante!

Suxestión de actividades 17 abril 2020

Bo día a todas e a todos:

Aí vai a suxestión de actividades para hoxe e as solucións ás actividades propostas para o mércores 15 de abril.

Déixovos tamén dous enlaces para aprender xogando:

SOPA DE LETRAS: busca 10 palabras agudas en galego que non levan acento gráfico.

- ENCRUCILLADO: repaso das funcións vitais: a función de nutrición.

Boa fin de semana! Desfrutade moito, xogade, lede! Ánimo e alegría! Bicos.

Suxestión de actividades 15 abril 2020

Bo día a todos e a todas:

Aí vai unha nova quenda de suxestión de actividades para estes días coa que comezamos o terceiro e último trimestre deste curso.

Recordade que os nenos e as nenas deben facelas ao seu ritmo, sen agobios, son consciente de que cada familia ten unhas circunstancias e unha situación concretas neste momento polo que estamos a pasar.

Tamén vos deixo os enlaces de dous xogos para que repasen contidos de xeito lúdico.

ADIVIÑA O NÚMERO: para facelo deben buscar a mellor estratexia e pensar! 

TESTEANDO: xogo similar ao trivial, contén preguntas para todos os cursos e para diferentes áreas; moi entretido para repasar os contidos aprendidos.

Grazas de novo a todas as familias polo traballo que estades facendo na casa cos vosos fillos e fillas, sen vos isto non sería posible.

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O 15 DE ABRIL

Bo día.

A continuación adxunto a proposta para hoxe.

Un saúdo.

Distribuir contido