Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Suxestión de actividades 15 abril 2020
Bo día a todos e a todas:
Aí vai unha nova quenda de suxestión de actividades para estes días coa que comezamos o terceiro e último trimestre deste curso.
Recordade que os nenos e as nenas deben facelas ao seu ritmo, sen agobios, son consciente de que cada familia ten unhas circunstancias e unha situación concretas neste momento polo que estamos a pasar.
Tamén vos deixo os enlaces de dous xogos para que repasen contidos de xeito lúdico.
ADIVIÑA O NÚMERO: para facelo deben buscar a mellor estratexia e pensar!
TESTEANDO: xogo similar ao trivial, contén preguntas para todos os cursos e para diferentes áreas; moi entretido para repasar os contidos aprendidos.
Grazas de novo a todas as familias polo traballo que estades facendo na casa cos vosos fillos e fillas, sen vos isto non sería posible.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MÉRCORES 15 ABRIL 2020.pdf | 435.29 KB |