CURSO 2023-2024

QUE CONTO CONTAMOS?

QUE CONTO CONTAMOS?

Que conto escollemos para  contar?

Un conto  que nos leve pola terra, polo aire e polo mar?

Onde buscamos ese conto?

A que xogamos mentres dura  a historia?

Cantas historias podemos escoitar para  ter ganas de máis?

Quen mellor  que  Paula  Carballeira para  dar  resposta a  todas 

estas preguntas o vindeiro 25 de outubro na biblioteca do

centro.

Será  de 16:15 a 17:15 para  as  familias  do  noso  alumnado.

O Obradoiro terá 50 prazas para o alumnado do centro, que terá que

vir acompañado dun adulto. Para inscribirse haberá que enviar un

email á seguinte dirección:

            biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Deberán constar os seguintes datos: nome do alumno/a e do adulto 

que o/a acompaña, curso e o número de teléfono de contacto.

O prazo para anotarse é dende o vindeiro martes 3 de outubro

ata o martes 17.

Unha vez cubertas as prazas crearase unha lista de espera que se

utilizará  en  caso de renuncias.

Esta  actividade está organizada pola biblioteca  do  centro dentro

do proxecto Lectura  e  Familias, promovido pola Asesoría de

Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.

 

ANIMÁDEVOS  A  PARTICIPAR!!