PUBLICACIÓN ALUMNADO ADMITIDO
As listaxes que se publican ao longo do procedemento son as xeradas pola aplicación admisionalumnado, e as respectivas datas para a súa publicación, as indicadas no calendario do procedemento de admisión e matrícula.
As familias e o alumnado poderán consultalas:
1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar. Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas. Non obstante, na páxina web poderá anunciarse o momento en que as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na aplicación.
2º. Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365. O estado de tramitación da propia solicitude tamén se pode consultar na aplicación, pero en este caso é suficiente para acceder o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante. INFORMÁMOSLLES QUE SEGUNDO A NORMATIVA VIXENTE
Tamén comunicamos que todo o alumnado que solicitou praza no centro para o próximo curso 2024/2025 obtivo praza e está admitido no centro educativo, agás en 6º de Educación Primaria que non hai prazas vacantes.
ALUMNADO NOVO NO CENTRO
NORMATIVA DE APLICACIÓN.
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 1 ao 20 de marzo de 2024.
a) O alumnado que ingrese nun novo centro, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro da súa primeira preferencia ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B)
ESTA SOLICITUDE É UNICA ( SÓ PODE PRESENTARSE NUN ÚNICO CENTRO ) E TERÁ CARÁCTER VINCULANTE
O modelo ED550B de admisión ordinaria e os respectivos anexos estarán dispoñibles a partir da data de inicio do correspondente prazo de presentación: na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nos centros docentes onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que a soliciten.Tamén pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.
b) Sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras: Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelos: anexo I-bis, anexo II-bis).
DOCUMENTACIÓN.
Os porxenitores ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:
a) Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora.
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial.
CADRO DE VACANTES A 1 DE MARZO DE 2024 | ||||
CURSO | PRAZAS | PERMANENCIAS | VACANTES | |
EDUCACIÓN INFANTIL | 4º INFANTIL | 40 | 0 | 34 + 6 N.E.E. |
5º INFANTIL | 50 | 10 | 30 | |
6º INFANTIL | 50 | 30 |
10 |
|
EDUCACIÓN PRIMARIA | 1º PRIMARIA | 50 | 26 | 8 + 4 N.E.E. |
2º PRIMARIA | 50 | 35 | 5 | |
3º PRIMARIA | 50 | 20 | 20 | |
4º PRIMARIA | 50 | 28 | 12 | |
5º PRIMARIA | 50 | 42 | 0 | |
6º PRIMARIA | 50 | 44 | 0 |
* Pódese consultar o calendario do procedemento de admisión e descargar a solicitude nos arquivos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SOLICITUDE ADMISIÓN 2024.pdf | 1.39 MB |
CALENDARIO ADMISIÓN 2024-2025.pdf | 70.9 KB |