Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Bo día Familias! Achégannos esta proposta tan chula que terá lugar en Panxón estes días! Vémonmos alí!
https://drive.google.com/file/d/1tQbmrV1_QLm7LXsGWt05BvFe5nlT6h9n/view?u...
Xa podedes consultar as listaxes definitivas de beneficiarios no taboleiro de anuncios do interior do centro ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia na aplicación Fondolibros.
Xa podedes consultar as listaxes provisionais de beneficiarios no taboleiro de anuncios do interior do centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación Fondolibros.
Poderedes recoller os vales de material (Toda E.Primaria), os vales de libros (1º e 2º E.Primaria), así como coñecer os libros do fondo que vos corresponden (3º, 4º, 5º e 6º E.Primaria) o martes, mércores ou xoves da vindeira semana en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Os vales que non sexan recollidos, entregaranse a partires do 2 de setembro.
Temos o pracer de comunicarvos que a nosa curtametraxe é a gañadora do CERTAME "NÓS TAMÉN CREAMOS" na categoría de 1ºCICLO.
O detonante para realizala foi a convocatoria do certame pero gañouse moito máis no camiño.
Traballamos durante meses con moito entusiasmo e adquirimos aprendizaxes que perduraran no alumnado e profesorado máis tempo que o premio:
Compartimos tamén o COMO SE FIXO... que é a fiel testemuña desta aventura!
Xa saiu o modelo de autodeclaración para calcular o prezo do menú do alumnado usuario de comedor.
Deberase entregar cuberto no centro. O prazo abrangue ata o día 5 de xullo.
O prazo de formalización de matrícula para o alumnado de nova incorporación ao centro, abrangue dende o 20 ao 30 de xuño.
Será preciso recoller no centro o formulario e as autorizacións a cubrir. Deberanse acompañar coa fotocopia da tarxeta sanitaria e fotografía tamaño carnet do alumno/a.
Hoxe as nosas representantes no Consello da infancia, Galit e Jimena, tiveron un pleno no Concello de Nigrán nas que levaron as súas propostas de mellora, que eran a instalación de composteiros comunitarios e a habilitación de zonas de aparcamento nas praias para os residentes do Concello de Nigrán.
Esperemos que teñan en conta as peticións!!
Hoxe na nosa escola tivemos a oportunidade de coñecer de preto o traballo da Garda Civil, acompañados polo alumnado e profesorado do CEIP de Mallón. Foi un día diferente e de convivencia, compartindo valores de igualdade, compañeirismo, e compromiso de axuda. Hoxe coñecemos a parte policial pero tamén o lado humano e de servizo á cidadanía deste corpo.
Grazas por esta oportunidade de descoberta!!
E saúdos a Cooper e Chispa, os dous canciños que nos roubaron o corazón!!
Xa podemos gozar dos dous eventos máis importantes do mes de MAIO.
Deixámosvos a ligazón á lista de reprodución do FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
e outra lista para o acto de AMADRIÑAMENTO DA AULA DE 1ºEP pola escritora
EVA MEJUTO. Foron dous festivais emocionantes! Parabéns polo voso traballo!
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!