« Outubro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

VISITA DE PAPÁ NOEL

Aquí vos deixamos os momentos máis máxicos do día de hoxe. Que cariñas de ilusión!

OBRADOIRO CORO CASARES

O alumnado de 5º e 6º deleitáronnos cunha panxoliña tradicional e outra moi orixinal de Mamá Cabra titulada "Xa me tardan estes reis" que prepararon no obradoiro de coro.

Obradoiro Bibliocreando de 3º e 4º

Aquí vos deixamos o resultado do obradoiro do segundo ciclo baseándose no proxecto de centro "Reciclando ando" utilizando como inspiración contos da nosa biblioteca, utilizando a pantalla de chroma e disfraces a partir de material de refugallo. 

EXHIBICIÓN OBRADOIRO ECOPERCUSIÓN

Este luns e martes tivemos un obradoiro do máis ruidoso, cheíño de ritmo. Didier e Sara ensináronnos a facer uns ritmos afrolatinos a partir de percusión con elementos de refugallo.

Aquí vos deixamos a mostra, agardamos que vos guste tanto como a nós!!

 

Obradoiro STEAM de 1º e 2º

Este trimestre os nenos e nenas de 1º e 2º, fixeron un obradoiros STEAM, no que aprenderon unha chea de cousas interesantes que nos contan neste vídeo que tamén foi realizado por el@s.

 

Jumper day na aula de inglés

A semana pasada, levamos a cabo unha actividade solidaria na aula de inglés, dende  educación infantil a primaria unímonos á iniciativa da ONG, Save de children. Deseñamos uns xerseis solidarios patrocinados entre todas as familias da escola. Deixámosvos un vídeo para que coñezades a labor desta ONG e despois un pequeno video coas nosas creacións solidarias. Grazas por participar!!

 

Recuncho de lectura para familias

Dende a biblioteca do CEIP Carlos Casares, creamos un recuncho con lecturas moi interesantes para familias. Podedes coller en préstamo aquelas obras que resulten da vosa interese. Aceptamos suxerencias para completar esta nova modalidade de préstamos. Saúdos lectores