Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O pasado xoves, celebrouse o día das bibliotecas escolares. Na escola entregamos as nosas mochilas que empezaron a percorrer os vosos fogares cunha escolla adaptada á idade dos vosos fillos e fillas, creando asi tamén un nexo de unión da nosa biblioteca con vós. Aproveitade para ler en familia e compartir momentos cheos de diversión e ledicia. Aquí vos deixamos o vídeo dos mellores momentos con Charo Pita, que visitou a nosa biblioteca o venres. Esta escritora galega conta as historias dunha maneira incrible, grazas por facernos pasar unha xornada de conto. Saúdos lectores familias!!
Aquí vos deixamos algúns momentos deste primeiro mes de curso. Setembro superado!!
Por aquí vos deixamos os mellores momentos da visita da Escola de música Santiago de Parada da man de Dani, que sempre nos fai pasar momentos estupendos. Grazas pola túa visita!!
Deixamos as datas das vindeiras reunións de inicio de curso co equipo de profesorado responsable das titorías. Nestas xuntanzas, entregarase o material do fondo libros nos cursos que corresponda e trataranse temas de interese para a vida escolar dos vosos fillos e fillas.
Lembrade que a comunicación coa escola é fundamental no seu proceso de ensino aprendizaxe.
Xuntamos a circular de inicio de curso donde podedes atopar información importante para o desenvolvemento deste novo curso que comeza. O primeiro día levarase unha copia en papel por familia. Un saúdo de todo o equipo de profesorado.
Benvidos ao curso 2024-25!! Na escola xa estamos traballando arreo para recibir aos nenos e nenas o vindeiro mércores 11. Recordarvos que o transporte escolar e o comedor funcionarán con normalidade dende o mércores, agás para os nenos e nenas do período de adaptación á 4º de infantil. As familias que desexen axudar aos seus fillos e fillas a subir o material, poden facelo, como excepción nesta primeira semana. Vémonos o mércores!!
Saúdos de todo o equipo de profesorado.
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!