Skip to Content

Galego

A orixe da nosa lingua guapa

A Real Academia Galega presenta 'A orixe da nosa lingua guapa', unha curtametraxe de ficción que lle explica ao público máis novo como foi o proceso de formación da lingua galega.

 

2021/22 - Campaña "Campolingua"

 

Quen quere ser millonario - Edición Letras Galegas 2022

XOGA A QUEN QUERE SER MILLONARIO - EDICIÓN LETRAS GALEGAS 2022

CLICA NO ENLACE E DESCARGA O ARQUIVO ADXUNTO:

 Quen quere ser millonario - Edición Letras Galegas 2022 Ficheiro

"Cogomelos das ribeiras do río Gafos"

Sae palestra un novo libro sobre o río Gafos celebrando o "Día dos humedais" (2 de febreiro). Nesta ocasion para falar dos cogomelos. Dende Vaipolorío invítannos á súa presentación no Centro Social de Salcedo-Casa Verde.

"Cogomelos das ribeiras do río Gafos"

Letras Galegas 2022 - Florentino Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán, escritor, editor literario e activista político e cultural fundamental do exilio galego en México, será a persoa homenaxeada en 2022 co Día das Letras Galegas. Decidiuno na mañá da sexta feira o Plenario da Real Academia Galega, con 14 votos a favor.
 
- Ver na no Xornal   -  Ver PDF do artigo en Nós Diario  "Protagonizará o Días das Letras Galegas do ano 2022"
 
 

 

Autoxenreira

Videoclip musical, feito polo  EDLG do CEIP do Carballal,  baseado na letra dun dos  poemas ( "O galego" do libro "O soño") de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, persoeiro homenaxeado neste ano 2022 no Día das Letras Galegas.

Exposición musical "Cantámola en Galego"

Este mes de xaneiro de 2022 temos no cole  a Exposición de Música  "Cantámola en Galego".   Esta tamén se pode ver en liña ou descargar dende a páxina do Concello de Pontevedra (https://snl.pontevedra.gal/descargas/). Dende a mesma páxina web tamén se poden escoitar unha selección de 292 cancións de diferentes estilos musicais: rock, pop, rap,  tradicional, infantil, de autor ... nunha lista de produción en  spofity.

Clicando na imaxe podes ver en Pdf toda exposición xunta coa unidade didáctica explicativa dos diferentes grupos e estilos que están agora mesmo creando e tocando en diferentes escenarios. Algúns deles están moi de moda,  como por exemplo,  Tanxugueiras, moi preto de participar en Benidorm na fase final por chegar a representar a España en Eurovisión.

Facer actividades H5P relacionadas coa música galega: - Escoller  artistas  - Emparella as imaxes  - Letra de "Terra" (Tanxugueiras)

Ver fotos na Galería de imaxes do cole.   Artigo relacionado: Pequena Guía de Música en Galego.a

1/2 Maratón do Galego

A nosa particular 1/2 Maratón xa comezou a andar! As nosas maratonianas e maratonianos xa comezaron a superar as 21 probas que os levarán a superar esta particular carreira. E a coñecer mellor a nosa cultura, tradicións e a conmemorar os días sinalados do ano.

 

 Cada trimestre contará con sete probas a superar                                Primeira parte                                                                    Segunda parte

1/2 Maratón do Galego  Retos 1º Trimestre Parte 2

 

Aquí están as últimas probas da túa 1/2 Maratón do galego.

 

Terceira parte

 

 Ánimo con elas e a conseguir a mellor das recompensas: 

 

FALAR EN GALEGO!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut