Skip to Content

2023-24

Campaña: 21 Lemas Pola Nosa Lingua

Aproveitando que este ano imos participar no Programa 21 días co galego, promovido pola Consellería de Cultura, no primeiro trimestre imos facer unha modesta campaña de fomento con 21 lemas que imos repartir entre as aulas do noso centro (19) o profesorado (1) e a ANPA (1).

Cros escolar na Illa das Esculturas

O vindeiro día 4 de outubro teremos un cros escolar que se celebrará na Illa das Esculturas (Xunqueira)  no que participará o alumnado de 2º, 5º e 6º.

Xúntase documento co horario das probas que se van a celebrar para o alumnado de primaria.

Equipos de Campolongo por categoría:

Elaboración de bailaretes

Planos do cole

Decálogo dos dereitos dos nen@s as escoitar contos.

1-Todo neno, sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
2 -Todo neno ten dereito a esixir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día.

Entrega Vales Adquisición Material / Libros de Texto

Están a disposición das familias os vales para a adquisición de material e libros de texto do alumnado, así como os libros de texto de 3º e 4º de Primaria de FONDO LIBROS.

Poderán recollerse na secretaría do centro o mércores 6 e xoves 7 de setembro de  9:00 a 14:00 h

A TVG estrea a serie Bechos

Un  novo contido en lingua galega para promover o coidado ao medio entre a cativada.

Distribuir contido


by Dr. Radut