Este mes de xaneiro de 2022 temos no cole a Exposición de Música "Cantámola en Galego". Esta tamén se pode ver en liña ou descargar dende a páxina do Concello de Pontevedra (https://snl.pontevedra.gal/descargas/). Dende a mesma páxina web tamén se poden escoitar unha selección de 292 cancións de diferentes estilos musicais: rock, pop, rap, tradicional, infantil, de autor ... nunha lista de produción en spofity.
Clicando na imaxe podes ver en Pdf toda exposición xunta coa unidade didáctica explicativa dos diferentes grupos e estilos que están agora mesmo creando e tocando en diferentes escenarios. Algúns deles están moi de moda, como por exemplo, Tanxugueiras, moi preto de participar en Benidorm na fase final por chegar a representar a España en Eurovisión.
Facer actividades H5P relacionadas coa música galega: - Escoller artistas - Emparella as imaxes - Letra de "Terra" (Tanxugueiras)
Ver fotos na Galería de imaxes do cole. Artigo relacionado: Pequena Guía de Música en Galego.a