Skip to Content

A mata

- Dous equipos (A e B) con igual número de xogadores, xogan un contra a outra, nun espazo delimitado, 2 medios campos e 2 zonas para o "piolho" (o que sería o cementerio no brilé).
- Cada equipo colócase no seu medio-campo (CA e CB), con excepción dun xogador que se coloca no respectivo "piolho" (“zona de reserva" ou "campo dos mortos”), na figura, PA e PB.
- Tras trocar a bóla  a través de pase/s  entre os xogadores de campo e o que se encontra no "piolho", cada equipo procura atinxir coa bóla ("matar") a todos os xogadores adversarios.
- A pelota é xogada coas mans.- O xogo ten inicio cun equipo de posesión da pelota, que o troco a través de pases co xogador que se encontra no seu "piolho", procurando unha boa situación para "matar" (atinxir directamente coa bóla) os adversarios que se encontran no seu medio campo.
- Calquera xogador, que se encontre no campo principal ou no “piolho”, pode "matar".
- Só se pode "matar" cando a bóla for agarrada polo pase do compañeiro  sen tocar antes no chan ou en calquera obstáculo.
- Os xogadores adversarios que se encontran na zona principal do campo, tentan esquivarse do remate adversario ou agarrar a bóla sen a deixar caer no chan. Se a consegue agarrar, pode de inmediato tentar "matar" aos xogadores do outro equipo. Variante: facer primeiro tres pases antes de matar.
- O xogador que é "morto" vai para o "piolho". Os xogadores "mortos" permanecen na "zona de reserva" até ao final do xogo. O primeiro xogador a ser morto substitúe o xogador que alí se encontra desde o inicio do xogo.
- O xogador morto fica en posesión da bóla e reinicia o xogo do piolho, podendo na súa primeira acción matar o seu adversario.



page | by Dr. Radut