Skip to Content

Datchball

O obxectivo do xogo é eliminar aos xogadores do equipo contrario golpeándoos coa pelota. Variante menos agresiva: que a pelota pegue primeiro no chan se a pelota é algo dura.
Número de xogadores: equipos mixtos de 6 xogadores, oficialmente, 12/13 por cada equipo nas aulas se hai un campo decente.
Material: 2/3/4  pelotas.
Terreo de xogo: mellor en pista interior
Comezo do xogo: comeza con todo o equipo tocando a parede ou liña final do seu campo. Á voz de "Datchball", os xogadores poden ir coller as pelotas que se atopan no medio. Os que collen a pelota deberán volver pisar a liña de fondo para poder comezar.
Desenvolvemento do xogo: cando un xogador é golpeado e a pelota toca o chan o xogador é eliminado e tense que sentar nun banco lateral sen tocar xa a pelota. Este xogador eliminado poderase salvar cando un compañeiro colle a pelota ao voo nun tiro directo, é dicir, sen tocar o chan (variante, salvarse das dúas maneiras, colléndoa ao voo e cun só bote). Os xogadores vanse salvando no mesmo orde que foron eliminados.
Fin do xogo: gaña o equipo que consegue eliminar a todos os contrarios.



page | by Dr. Radut