Skip to Content

2011/12 - IV Congreso Galego das Escolas Asociadas UNESCO

Xunto co teatro a música e os xogos, os catro obradoiros simultáneos que se traballaron foron o de Presentacións en soporte informático de diferentes traballos que se fixeron nos dous últimos cursos, outro de Música Tradicional onde aprenderon tamén a cantar rapeando, o de Yogote ou linguaxe de signos, moi expectacular este por traballar diferentes linguas, e por último un de Creatividade Musical cun inicio o que hoxe en día se coñece como "lipdub", unha especie de coreografía con moitos participantes en diferentes situacións.
Os grupos estiveron divididos en cores e cada un tiña o nome dun grande persoeiro que traballou ou traballa incansablemente pola Paz ou polos dereitos dos máis necesitados en todos os aspectos da vida. Estes foron:

Wangari Maathai  -  Mahatma Ghandi  - Nelson Mandela  - e Tawakkul Karnam.

Nas Presentacións traballouse:   Os temas relacionados co medio ambiente, a sostenibilidade, os bosques, a reciclaxe e o patrimonio inmaterial e industrial.
Así o CEIP de Cabanas centrouse nos muíños de auga e na reciclaxe.
O CEIP Isidora Riestra foi explicando os distintos aspectos da evolución humana dunha forma moi divertida.
O CEIP Campolongo presentou diferentes contidos sobre o río que pasa preto do seu colexio, o Gafos. Entre outros o máis destacado foi, ó igual que o CEIP de Cabanas, o patrimonio industrial con respecto a importancia dos muíños de auga sobre todo despois da chegada do millo das américas.
Logo tamén traballaron o patrimonio inmaterial a través das cantigas elaboradas e cantadas na festa do Magosto que celebran todos os anos e a elaboración de lemas para o fomento da oralidade da lingua galega.
O CEIP San Benito de Lérez mostróunos diferentes fotos das saídas educativas a diferentes ecosistemas , tales como a montaña e costa. Entre outras destacaron as saídas ó Courel e á ría de Pontevedra, onde fixeron diferentes experimentos para un mellor coñecemento dos mesmos.
O IES Luís Seoane agasallounos cun montón de presentacións case todas relacionadas co patrimonio industrial, onde se visualizaron os diferentes temas: Os carpinteiros de riberia, a importancia dos Astaleiros e O Balneario do río Lérez.
Logo tamén presentaron un traballo sobre a problemática da muller, marxinación e malos tratos a través do traballo ?Facer visible o invisible?.
O IES Pazo da Mercé traballou o tema do bosque e a problemática dos incendios forestais.
Os do IES Pedra da Auga impregnaron o congreso coa linguaxe de signo (Yogote) en cinco linguas diferentes: Alemán, Grego, Chino, Suahili e por suposto en Galego.
No Obradoiro de Radio, coordenado pola profesora Inma Peniza, cinco alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato, tamén do IES Pedra da Auga, puxeron en marcha un estudio de radio durante os tres días do Encontro. Ao longo deste tempo, os alumnos foron os xornalistas internos do evento, facendo cuñas radiofónicas, gravacións, entrevistas e todos os elementos para un programa de radio. Entre outras persoalidades, entrevistaron ás coordenadoras das Escolas UNESCO de Galicia e de Andalucía, así como aos alcaldes de Poio e Pontevedra.

O resultado final deste Obradoiro consistirá nun programa de radio que formará a memoria auditiva deste IV Encontro.



page | by Dr. Radut