Skip to Content

IES Sánchez Cantón - O noso instituto

Todo centro educativo, tanto de infantil como  de primaria está adscrito a un centro de ensino para continuar os estudos.  O CEP Campolongo está adscrito ó IES Sánchez Cantón. Deste xeito a alumnado ten garantido poder seguir estudando na zona onde iniciou os estudos de primaria. O mesmo pasa co EEI Crespo Rivas, pois este ten actualmente como centro adscrito o CEP Campolongo, garantindo do mesmo xeito a continuades dos estudos. Por ser interés xeral imos contar brevemente a historia do noso instituto:

1845 - Creación do Instituto de Pontevedra. No edificio dos Xesuítas preto do San Bartolomé actual.
1968 - Trasládase para o Verxel (actual rúa Raiña Victoria)
1946 - O director pasa a ser Xosé Fernando Filgueira Valverde, até 1976, ano que se xubila.
1966- Por deficiencias no edificio, Filgueira Valverde xa presentara unha proposta de permuta co Instituto Feminino. Esta foi rechazada
1971 - Inagúrase o instituto
1973 - Pasa a chamarse Instituto Sánchez Cantón
1985 - Comézase a construir nos mesmo terrenos un novo edificio que comezou a funcionar en 1986. Derrúbase o anterior.

Otras curiosidades:

- O 1º instituto foi creado co chamado Plan Pidal en 1845 grazas a unha real orde do 30 de outubro que creaba un centro de enseñanza secundaria en cada capital de provincia. Os pais pagaban as tasas de matrúcula e de exámenes.
- En 1903 pasou a instalarse provisionalmente na Escola de Artes e Industrias.
- Polo mal estado do anterior  estivo na Escola Normal de Maxisterio, edificio perteneciente na actualidad  á Deputación de Pontevedra (Preto da Cruz dos Caídos)
- En 1927 trasládase ó actual Valle Inclán.
- Existiu en Pontevedra un Colexio de Internos que dependía do Instituto desde 1867. Grazas a este internado os alumnos que non eran de Pontevedra podían estudar Bacharelato, pero custaba cada mes 24 escudos (240 reais), nunha época na que eran baixos os salarios, por exemplo, un xornaleiro no campo gañaba só 12 escudos ao mes.
- Así eran algúns dos horarios: levantarse ás 5 ou 6 da mañá, estudo, clases, comida, rezo do rosario, xogos e máis estudo ou clases complementarias de música, canto ou ximnasia. Os alumnos internos tamén pasaban o verán no centro (o colexio de internos desapareceu en 1880).
- Os alumnos entraban no instituto aos 10 anos.
- No ano 1882 autorizouse por primeira vez ás nenas para matricularse e examinarse, pero considerábase non recomendable a súa asistencia ás clases. A presenza feminina nas aulas faise oficial ao redor de 1915.
- En 1935 había 797 alumnos oficiais (moitos máis examinábanse por libre), dos que 392 eran mulleres. Tamén durante a 2ª República as clases foron por primeira vez mixtas. O número de alumnos despois da guerra foi inferior durante anos ao dos tempos republicanos. Comezou a aumentar de novo desde 1953, cando unha nova lei ampliou as bolsas de estudos. Dos 527 alumnos de 1953 pasouse a 1000 en 1963.
- Un curso destacado foi o de 1957-1958 no que o Instituto gañou os campionatos escolares de España de Ximnasia Educativa e foi nomeado Instituto modelo. Ver exhibición  ximnástica na Plaza de Toros de Pontevedra en 1957.

Documentación sacada do artigo da Aula Virtual do IES Sánchez Cantón



page | by Dr. Radut