Skip to Content

24 de outubro - Día das Bibliotecas- Anxo González Guerra

Hoxe, luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas, estivo connosco contando contos aos máis pequenos o insigne e polifacético profesor  Anxo González Guerra. Para rematar a faena agasallóunos o libro onde podemos atopar algunhas das súas simpáticas historias:  "Os contos do avó Anxo para o neto Aldán".  Se queres ler ou  escoitar algún dos seus contos podes entrar na súa (e da muller)  páxina web  ogalego.eu, onde atoparás unha morea de recursos en galego. Esta páxina é moi utilizada polo alumnado que prepara a sempre temida Selectividade. Ultimamente tamén o podemos ver na TVG, facendo de mestre con Gayoso no programa LUAR. Como vedes, aínda xubilado como está, non para de darlle a cabeza para deleitarnos cos seus contos e a súa sabedoría. Rematamos dándolle as grazas por achegarse até Campolongo. Ver fotos do evento.  - Escoitar un dos contos que ten no canal de youtube: O trasno  Serpicán



page | by Dr. Radut