Skip to Content

Historia da Praza de Galicia e da Estación Vella

Coa construción da estación de ferrocarril en Pontevedra, que recibíu a sua primeira locomotora o 16 de Maio de 1884, adecuouse un amplo espazo público enmarcado polo final das rúas de Augusto González Besada, Andrès Muruais e Andrés Mellado, así como polo edificio da estación.
Este espazo apenas sufriu cambios ata 1969, momento no que se procede a demolición das instalacións ferroviarias, abandonada dende 1966, pola posta en servizo dunha nova terminal máis lonxe do centro urbano. En 1968 derrubouse a Estación Vella do ferrocarril, deixando unha ampla zona para novos usos da cidade, entre as grandes torres de edificios para viviendas fíxose tamén o Centro Escolar de Campolongo.
En 1970 privase de luz, canalizándoo, o tramo do río Gafos que pasa por Campolongo (uns 520 m). En 1971 realízase a primeira ampliación da praza aproveitando os terreos que deixa libres o antigo edificio da estación, e habilítanse  marquesiñas para a parada de trolebuses. Pouco despois realizase a urbanización da Avenida de Augusto Garcia Sánchez sobre os terreos ocupados anteriormente polas vías férreas.Finalmente, na década nos noventa, realízase unha reforma en profundidade na zona, tras desaparecer o servizo de trolebuses en 1989 e eliminarse o tendido aéreo asociado a este servizo. Coa reforma a praza duplica a súa superficie, invadindo terreos da Avenida Augusto García Sánchez, partíndoa literalmente en dous, e por primeira vez adopta xardíns, árbores, unha ampla fonte central e sendas peonís, limitando a circulación rodada ao seu perímetro.

O nome  de "Estación Vella"  foi escollido para cambiar o nome da Revista Escolar do CEP Campolongo durante o curso 2017/18, o antigo nome era o de "Esperpento". Ver revistas.



page | by Dr. Radut