Skip to Content

Refraneiro de setembro

- A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.
- A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.
- A sombra quer ser de agosto, e o sol, de setembro.
- Agosto e setembro non duran sempre
- Cando o Pico Sagro cobre o capelo, mociñas do Ulla, poñede o mantelo.
- De setembro a San Simón non comas o mexillón.
- En agosto secan os montes e en setembro as fontes.
- En setembro vendima correndo.
- En setembro colleita e non sementes.- En setembro os melóns atópanse polos rincóns.
- En setembro come e bebe, pero non sexa tanto o comer e o beber que non deixes que vender.
- En setembro e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo.
- En setembro colle o viño e non durmas no camiño.
- En setembro non hai vella que non trema.
-En setembro vendima correndo.
- No setembro colleita e non sementes.
-No setembro, ou montes arder ou fontes caer.
- Nos comezos de setembro aparella as cubas pra vindimar as uvas.
- Nosa Señora de marzo, Deus a traia; nosa Señora de setembro, Deus a deteña.- O que queira boa vendima facer, que se poña en setembro a recoller.
- O que queira mel, que cate polo San Miguel (29 de set.)
- Ós comezos de setembro aparella as cubas pra vendimar as uvas.
- Para un bo magosto ter en agosto ha de arder e en setembro beber.- Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
- Polas vendimas  vende as galiñas, pola Navidade vólveas mercar.
- Polo san Miguel, uvas e mel.
- Polo san Miguel, xa o coello sabe ben.
- Polo san Mateu cada un vendima o seu.
- Polo San Mateu ou vendimas ti ou vendimo eu
- Polo san Xil nogueiras a espelir.
- Por santa Tecla abala a nogueira.
- Santiago trae as béveras e os figos leva santa Tegra.
- Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano poñas albarda.
- Se queres mel, cata polo San Miguel, se queres abellas cata polas candelas.
- Setembro mollado, gigo estragado.
- San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Así eles son santos, traian os trebóns mansos.
- Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
- Temperá é a castaña que en setembro regaña.
- Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano.
- Vale máis nubrado de agosto que sol de setembro.
- Vran quente, setembro ledo.

Máis sobre refráns.

Santoral a ter en conta:
SAN XIL , 1 DE SETEMBRO
SAN CIPRIANO, 16 DE SETEMBRO
SAN MATEO, 21 DE SETEMBRO
SANTA TECLA: 23 DE SETEMBRO
SAN SIMÓN, 28 DE SETEMBRO
SAN MIGUEL 29 SETEMBRO
 
CANDELAS, CANDELARIA 2 FEBREIRO
SAN BRAIS 3 DE FEBREIRO
SAN MATIAS 24 FEBREIRO
SAN BIEITO 21 MARZO
SAN FERNANDO, 30 DE MAIO
SAN ANTÓN 13 XUÑO
SAN XOÁN 24 XUÑO
SAN PEDRO 29 XUÑO

SAN MARTIÑO 11 DE NOVEMBRO
SAN ANDRÉS 30 NOVEMBRO
SANTA LUCÍA 13 DECEMBRO



page | by Dr. Radut